Manipulación absoluta da TVG co escándalo Fernández Díaz

Manipulación absoluta da TVG co escándalo Fernández Díaz

Manipulación absoluta da TVG co escándalo Fernández Díaz

A deputada socialista Concepción Burgo denunciou hoxe a “manipulación e censura” amosadas no tratamento dos informativos da TVG ao escándalo do “aínda” ministro en funcións, Jorge Fernández Díaz. Así o sinalou na Comisión de control da Compañía da RTVG na que alertou tamén un “desleixo bastante notable” da dirección do ente fronte á “caída espectacular e continua” de audiencia.

A deputada acusa a TVG de “amosarse como un mero departamento” do goberno de Feijoo, “alterando gravemente o tratamento dado a unha noticia que estivo presente durante todo o día en todos os medios de comunicación do país. Aludiu neste sentido ao tratamento da xuntanza do actual ministro co xefe da Oficina Antifraude de Cataluña para “buscar” escándalos contra ERC e CDC.

Denunciou a diferenza de criterio no tratamento a esta información “sempre en beneficio do PP e en contra da oposición”. Mentres o director xeral explicaba que o ente non emitiu os audios da xuntanza “por ser de dubidosa procedencia”, Burgo presentoulle ata seis exemplos de gravacións “furtadas” a Cayo Lara ou a diversos membros do PSOE que a TVG non tivo empacho en emitir.

Sinalou que “en ningún Estado de Dereito se da está situación, a noticia se deu dunha maneira manipulada, comezando pola visión que tiña dos feitos o PP e omitindo as gravacións das verbas do ministro.

“Non contentos con non dar os audios –explicou-, desapareceron da web os telexornais dese día, amosando unha actitude servil coa Xunta, evidenciando diferenza de criterio a hora de publicar as gravacións, xa que cando prexudica a oposición as publican e cando non son un beneficio para o PP as ocultan”.

A situación chegou a que mesmo o persoal da TVG protestou sobre a “manipulación absoluta” fronte o tratamento informativo que se deu do escándalo que rodeou ao ministro de interior, denunciando ocultación de datos e pedindo a dimisión da directora de informativos.

Burgo denunciou a “manipulación e a censura” sempre presentes na TVG, que considera “inaceptables nunha televisión pública que se debe a cidadanía e que ten que explicar o director xeral da CRTVG como máximo responsable do ente”.

Engade que “como xa denunciamos en moitas outras ocasións, no PP continúa imperando o absoluto control dos medios de comunicación galegos, vulnerando de este xeito a Lei de Medios, pois só se atende a versión oficial do partido no poder”. Por iso, dixo, ao goberno non lle interesa constituír un Consello de Informativos e non hai que esquecer que a independencia dos medios son a base dun servizo público de calidade”.

Audiencias

A deputada socialista presentou ademais unha pregunta oral na Comisión de Control á CRTVG na que denunciou o “desleixo bastante notable” da dirección do ente diante da “caída espectacular e continua ano tras ano” das audiencias da canle pública. Burgo advertiu que do 14,3 por cento da audiencia que tiña en 2009, hoxe sitúase en apenas o 9,3 por cento, nun proceso continuo “sen unha mínima recuperación”.

Advertiu que “algo haberá que facer diante desta situación”, que ligou á busca dun público obxectivo de máis de 65 anos e fundamentalmente do medio rural, que “correspóndese co perfil do votante do PP, e precisamente é ao que queren facer chegar as mensaxes a través da televisión pública”.

Advertiu que malia ás novas formas de comunicación, dende 2006 teñen aumentado o número e o tempo medio de visionado por espectador, sen que a TVG teña reaccionado, limitando a xestión da web a “un persoal escasísimo e na súa maior parte bolseiros”. Mentres, engadiu, “demostráronse incapaces de encetar o proceso de dixitalización que deixou encamiñado o goberno presidido por Emilio Pérez Touriño”.

Esixiulle ao director xeral da CRTVG que “faga algo” diante desta situación e “marque obxectivos” que permitan frear a caída da televisión autonómica e que cumpra coa súa obriga como servizo público mantendo os niveis de audiencia, co que iso supón de ingresos publicitarios.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar