Manifesto do PSdeG polo Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia

Manifesto do PSdeG polo Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia

Manifesto do PSdeG polo Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia

O PSdeG súmase un ano máis á celebración do 17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia, como denominamos á discriminación baseada na orientación sexual e identidade de xénero respectivamente, e que foi recoñecido en España por Acordo do Consello de Ministros o 26 de xuño de 2009, polo Goberno socialista do presidente Zapatero. Malia os avances alcanzados nos últimos anos, a homofobia, a lesbofobia, a transfobia e a bifobia seguen sendo das formas de odio máis estendidas, e a orientación sexual e a identidade de xénero son obxecto de persecución legal en moitos países como poñen de manifesto os informes de ILGA e de Amnistía Internacional, que sinalan que a homosexualidade está perseguida en 78 países, e castigada con pena de morte en Arabia Saudita, Irán, Yemen, Mauritania, Sudán e Afganistán. Recentemente Brunei sumouse á ignominiosa lista de países que condenan a morte ás persoas homosexuais.

Este 17 de maio, o Partido Socialista quere recordar que dada a situación de persecución da poboación LGTB en moitas partes do mundo, as organizacións españolas, encabezadas pola FELGTB, dedicaron este 2014 ao Recoñecemento dos Dereitos Humanos das persoas LGTB no mundo.

En Europa, Rusia viola constantemente os dereitos humanos das persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais (LGTB) perseguindo incluso o seu dereito de manifestación e de liberdade de expresión. En África proliferan as lexislacións contra as persoas homosexuais e os defensores dos dereitos humanos das persoas LGTB en numerosos países, con especial virulencia en Nigeria, Uganda e Camerún. Estas lexislacións veñen impulsadas pola ignorancia, o prexuízo e o integrismo relixioso que cada vez cobra un maior protagonismo nestes países. O Grupo parlamentario socialista presentou senllas iniciativas parlamentarias no Congreso para condenar a persecución e violación dos dereitos humanos das persoas LGTB en Rusia e en África.

No noso país, o primeiro Informe sobre Delitos de Odio do Ministerio do Interior sinala que as agresións por homofobia e transfobia son a maioría dos delitos de odio que se denuncian en España, contabilizándose 452 dun total de 1.172 denuncias presentadas no ano 2013. Malia estes datos, o PP sigue negándose maioritariamente ás propostas lexislativas que o PSOE presentou en numerosos parlamentos autonómicos para garantir a igualdade e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais, mantendo unha oposición permanente e férrea a unha lei de igualdade de trato e non discriminación, que corte de raíz a discriminación e penalice as condutas discriminatorias.

Este 17 de maio vén marcado tamén polas próximas Eleccións Europeas do 25 de maio, unhas eleccións moi importantes para seguir construíndo unha Europa baseada nos principios de xustiza social, igualdade e non discriminación. As mulleres e homes socialistas podemos manifestar con satisfacción e orgullo que somos o único partido en España con representación no Parlamento Europeo cuxo grupo parlamentario, todos os eurodeputados/as de Socialistas Socialistas Demócratas, votaron de forma unánime a favor do Informe sobre a folla de ruta da UE contra a homofobia e a discriminación por motivos de orientación sexual e identidade de xénero o pasado 4 de febreiro.

Un informe que contou cunha oposición maioritaria do Partido Popular Europeo (PPE) e a abstención dalgúns eurodeputados/as da Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL). Este Informe constata que a Unión Europea carece dunha política global de protección dos dereitos fundamentais das persoas LGBTI e pide á Comisión Europea, aos Estados membros e ás axencias pertinentes que traballen conxuntamente en prol dunha política global plurianual de protección dos dereitos fundamentais das persoas LGBTI, mediante unha Estratexia ou Plan de Acción.

O Partido Socialista Europeo (S&D) vén esixindo de forma reiterada no Parlamento Europeo, e seguirao facendo, a aprobación da proposta de Directiva sobre a aplicación do principio de igualdade de trato das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero. Demandamos que as Directivas sobre o dereito dos cidadáns da Unión e o dos membros das súas familias, a circular e residir libremente no territorio dos Estados membros, e sobre o dereito á reunificación familiar, se implementen co fin de garantir o respecto de todas as formas de familias legalmente recoñecidas nas leis nacionais dos Estados membros.

Pedimos a refundición da Decisión Marco do Consello relativa á loita contra determinadas formas e manifestacións de racismo e xenofobia a través do Dereito penal, incluíndo outras formas de crime motivado pola discriminación e a incitación ao odio, para que inclúa tamén a orientación sexual e a identidade de xénero. Seguimos reclamando á Comisión, xunto coa Oficina Europea de Apoio ao Asilo (OEAA) e as Axencias pertinentes, a inclusión de asuntos específicos relacionados coa orientación sexual e a identidade de xénero na aplicación e seguimiento da lexislación de asilo.

O Grupo dos Socialistas Europeos traballamos co Servizo Europeo de Acción Exterior (SEAE) no deseño e implementación dun Manual para Promover e Protexer o Goce de todos os Dereitos Humanos da Poboación LGBT dirixido ás Delegacións da UE de todo o mundo. Adoptamos varias resolucións urxentes sobre os movementos incriminatorios da poboación LGBT en Uganda e Nigeria e apoiamos o chamamento a iniciar consultas para deixar a estes dous países fóra do Acordo de Cotonou en vista da recente lexislación que penaliza aínda máis a homosexualidade e a transexualidade. (O Acordo de Cotonou é o acordo de cooperación máis completo entre países en desenvolvemento e a UE. Desde o ano 2000, foi o marco para as relacións da UE con 79 países de África, o Caribe e o Pacífico). Pedimos á Comisión, ao SEAE e aos Estados membros que utilicen todas as canles existentes, incluíndo as negociacións en curso dun acordo de libre comercio con India, para expresar coa maior firmeza a súa oposición á criminalización da poboación LGBT neste país.

Lamentablemente o Partido Popular Europeo (PPE) impediu que o Parlamento Europeo abrise consultas en virtude do artigo 96 do Acordo de Cotonú contra Uganda e Nixeria pola súa persecución das persoas LGTB. A maioría do PPE segue votando en contra da Directiva contra a discriminación e a de recoñecemento mutuo das unións rexistradas e do matrimonio das parellas do mesmo sexo, é xeralmente reacia a incluír formulaciones sobre os dereitos LGTB nas resolucións sobre terceiros países, e oponse de forma recurrente á inclusión de calquera referencia a medidas que se deben tomar contra os países que criminalizan a homosexualidade e á introdución de cláusulas vinculantes e non negociables sobre os dereitos humanos en acordos internacionais.

Para poder seguir avanzando en España, Europa e no mundo contra a homofobia e a transfobia, é necesario contar cunha maioría socialista no próximo Parlamento Europeo que promova políticas en favor da non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais en Europa e en terceiros países, e que destierre a actual maioría do PPE e a súa firme oposición a calquera avance nesta materia.

Neste día, as mulleres e homes socialistas queremos recordar a todos os activistas lgtb que foron perseguidos, encadeados e ata asasinados por defender os dereitos humanos, e sumámonos a quen reclaman o fin da penalización da homosexualidade, a transexualidade e a bisexualidade en todo o mundo.

17 de maio de 2014

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar