Manifesto do PSdeG polo 'Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto'

Manifesto do PSdeG polo 'Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto'

Manifesto do PSdeG polo 'Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto'

manifestación_abortoEste 28 de setembro, Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto, lamentamos que fai apenas cinco días entrase en vigor a reforma da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo que o Goberno do PP consumou tras unha lexislatura de ameazas sobre a capacidade das mulleres para decidir sobre a súa propia maternidade.
Tras cinco anos en vigor da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo, aprobada por un Goberno socialista en marzo de 2010, demostrouse que era unha boa lei porque eliminara a inseguridade xurídica tanto das mulleres como dos profesionais sanitarios e conseguira diminuír o número de embarazos non desexados. A lei socialista foi aprobada por consenso e cumpría o seu obxectivo: protexer a vida e a saúde das mulleres, tamén das novas, respectando o seu dereito para decidir. En 2013, último ano do que se dispoñen de cifras oficiais, rexistrouse a cifra máis baixa de taxa de aborto dos últimos 7 anos. Especialmente, diminuíra entre as menores de 30 anos.
Con todo, o goberno popular ha eliminado o artigo polo que as mozas de 16 e 17 anos que estivesen en situación de perigo certo de violencia intra familiar, ameazas, coaccións, malos tratos ou en situación de desarraigamento ou desamparo, podían acudir a realizar unha interrupción voluntaria do embarazo sen os seus proxenitores. Iso significa que o PP aboca ás mulleres máis novas ao aborto clandestino e inseguro.
Non había ningunha necesidade de modificar a lei, non había ningunha demanda social. Todo o contrario, a cidadanía dixo continuamente que non, que non se modificase unha boa lei por intereses partidistas ou xogos electoralistas. Segundo o estudo realizado en 2014, e no que participaron 22 clínicas acreditadas para a interrupción do embarazo, tan só o 0,44 por cento dos abortos realizados en España foron levados a cabo por mulleres de 16 ó 17 anos que non puideron informar os seus proxenitores polas razóns que sinalaba a lei.
Este 28 de setembro, o PSdeG-PSOE súmase ao Día de Acción Global pola despenalización do aborto, reiterando o seu compromiso de rectificar a modificación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo realizada polo PP, para volver ao texto legal aprobado en 2010, en canto chegue ao goberno porque as leis restritivas non diminúen o número de abortos. A obrigación de todo goberno é protexer a vida e a saúde das mulleres e previr os embarazos non desexados con máis prevención, máis educación e acceso a métodos anticonceptivos, exactamente o contrario do que fixo o Partido Popular durante toda a lexislatura. O PSdeG-PSOE sempre vai estar a favor das mulleres, de todas as mulleres e especialmente das mulleres novas que se atopen en situación de vulnerabilidade.
Conmemoramos este 28 de setembro de 2015 polo respecto á vida e a saúde das mulleres e sumámonos á campaña internacional que reclama romper mitos, o acceso ao aborto legal e seguro en todo o mundo e un aborto sen estigma.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar