Manifesto Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia (LGTBI-Fobia) 2015

Manifesto Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia (LGTBI-Fobia) 2015

Manifesto Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia (LGTBI-Fobia) 2015

Bandeira LGTBO PSdeG-PSOE súmase un ano máis á celebración do 17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia (LGTBI – Fobia), como denominamos á discrimnación, persecución, esclusión ou fustigamento baseada na orientaciónk sexual e a identidade de xénero, respectivamente, e que foi recoñecido en España polo goberno socialista a través do Acordo do Consello de Ministros de 26 de xuño de 2009. A pesares dos avances acadados nos últimos anos, a homofobia, lesbofobia, a transfobia e a bifobia seguen a ser os delictos de odio máis estendidos no noso Estado. A orientación sexual e a identidade de xénero, ademais, son obxeto de persecución legal en moitos países, como constatan os informes de ILGA e de Amnistía Intenacional, que sinalan que a homosexualidade está perseguida en 78 países e castigada con pena de morte en Arabia Saudí, Irán, Yemen, Mauritania, Sudán do Sul, Nixeria, Somalia e Brunei, que conforman a ignominiosa lista de países que condenan a morte ás persoas homosexuais. Os resultados dunha enquisa mundial realizada a 115.000 homes homosexuais de 127 países, realizada en cooperación coa Universidade de Mainz –Alemaña-, sinalan que en torno a 4 millóns de homosexuais foron vítimas de violencia física grave en 2014, que 13 millóns foron rexeitados do seu fogar familiar e que ademais 41 millóns queren escapar do seu país.

Este 17 de maio, o PSdeG-PSOE quere lembrar a persecución da poboación LGTBI en moitas partes do mundo, nomeadamente os crueis asasinatos de homosexuais que levan a cabo os terrorista do autodenominado Estado Islámico en Siria e Iraq. En Europa, o goberno ruso mantén a súa constante violación dos dereitos humanos das persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI). En África, pola súa banda, proliferan as lexislacións contra as persoas homosexuais e os defensores dos dereitos humanos das persoas LGTBI en numerosos países, con especial virulencia en Nixeria, Uganda, Camerún, Gambia e Tanzania.

No noso Estado, o segundo Informe sobre Delictos de Odio do Ministerio do Interior sinala que as agresións por homofobia e transfobia son a maioría dos delictos de odio que se denuncian en España, contabilizándose 513 dun total de 1.285 denuncias presentadas no ano 2014. Os delictos baseados na orientación sexual e identidade de xénero das vítimas, que supoñen un 40 por cento de casos, incrementáronse un 1,5 por cento no último ano, sendo un 25 por cento das vítimas destes delictos menores de idade. Ademáis, convén lembrar que a propia Axencia dos Dereitos Fundamentais da UE –FRA-. considera que entre o 60 e o 90 por cento das vítimas de delictos de odio non denuncian. Ante esta situación o goberno do PP limítase a descreber unha situación de grave aumento da homofobia e a transfobia no noso paíse sen impulsar medidas para atallar este aumento e diminuír este tipo de delictos, e tamén sen establecer medidas que garantan a asistencia efectiva ás vítimas.

Por iso, neste día denunciamos novamente que o noso país non conta con ningunha Alta Autoridade contra a Discriminación, tal e como establece a normativa Europea, e que o PP nedgouse en varias ocasiópns a impulsar unha lei de Igualdade de Trato e contra a Discriminación que combata a homofobia e a transfobia, como lle teñen solicitado reiteradamente o PSOE, as organizacións LGTBI, sindicatos e entidades que traballan contra a discriminación e os delictos de odio.

Este 17 de maio vén marcado pola celebración das próximas eleccións municipais e autonómicas do 24 de maio. Os gobernos locais e autonómicos son institucións fundamentais para combater a homofobia e a transfobia, dado que son aqueles que traballan mais achegados á cidadanía e desde onde se debe detectar e combater a discriminación. Para poder seguir avanzando en concellos e comunidades autónomas é necesario contar con gobernos socialistas que promovan políticas en favor da non discriminación de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.

Por iso, nos temos comprometido a impulsar leis autonómicas para a igualdade de trato e non discriminación por orientación sexual e identidade de xénero; pero ademais, a poñer en marcha servizos autonómicos e municipais de Atención á poboación LGTBI; impulsar plans de formación na prevención, orientación e erradicación das actitudes de bulling, homofobia e transfobia e mobbing, con especial atención a educadores, traballadores sociais, policía e funcionarios; promover programas de atención e apoio á poboación maior e dependente LGTBI que impidan a discriminación, a desatención ou a violencia cara este colectivo en tódolos eidos, e moi especialmente nos centros de día e as residencias de maiores; e impulsar a celebración nos municipios e comunidades dos días de especial trascendencia para a poboación LGTBI. Tamén impulsaremos Plans Municipais e Autonómicos para a Igualdade de Trato que velen pola non discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, e promoveremos servizos de atención ás vítimas de discriminación e delictos de odio.

Neste día, as mulleres e homes socialistas queremos lembrar aos activistas e persoas LGTBI que foron perseguidos, encarcelados e incluso asasinadols por defender os dereitos humanos; sumámonos novamente a quen reclama a despenalización da homosexualidade, a transexualidade e a bisexualidade en todo o mundo.

17 de maio de 2015

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar