Manel Gallego reclama a comparecencia de Guerra para explicar o escándalo do financiamento da Fundación Porto de Vigo

Manel Gallego reclama a comparecencia de Guerra para explicar o escándalo do financiamento da Fundación Porto de Vigo

Manel Gallego reclama a comparecencia de Guerra para explicar o escándalo do financiamento da Fundación Porto de Vigo

O portavoz de Portos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Manel Gallego, reclamou a comparecencia do conselleiro de Economía e Industria diante da Cámara autonómica para explicar o “escándalo” do financiamento da Fundación Porto de Vigo. Así o dixo logo de coñecer que a Xunta investiu 500.000 euros neste ente sen mais actividade que financiar a emisión do programa “El Gato al Agua”.

Os socialistas galegos presentaron unha solicitude formal de información á Xunta para que remita ao Parlamento os convenios asinados por esta entidade, que Gallego cualificou de “chiringuito” con tódalas consellerías do goberno de Feijóo. Reclamou saber en qué se gastaron os cartos públicos destinados a esta Fundación “ao marxe do financiamento do programa de televisión de extrema dereita que se pagou con fondos públicos”.

O parlamentario socialista criticou que Feijóo gastara 500.000 euros para un ente que carece de actividade “cando leva dous anos pregonando unha suposta austeridade e dicindo que non ten diñeiro para a sanidade ou a educación”.

Lembrou que os socialistas galegos xa denunciaran no seu día a constitución da Fundación como “chiringuito co único obxectivo de servir de plataforma para promocionar á candidata do PP á alcaldía e facerse fotos cos conselleiros de Economía e Presidencia”-

Manel Gallego resumiu unha valoración “moi negativa” do funcionamento do “chiringuito” e, en resposta a preguntas dos medios de comunicación, considerou “unha loucura que un ente público faga contratos blindados”, e engadiu que “é a forma de actuar de Feijóo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar