A mala xestión e improvisación na contratación de helicópteros de extinción obriga a unha auditoría

A mala xestión e improvisación na contratación de helicópteros de extinción obriga a unha auditoría

A mala xestión e improvisación na contratación de helicópteros de extinción obriga a unha auditoría

O portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, reclamoulle hoxe á conselleira do Medio Rural unha auditoría externa sobre o proceso de contratación de helicópteros contra incendios nas campañas 2011, 12 e 13. Así o dixo no debate dunha pregunta oral ao goberno galego que tivo lugar no Pleno celebrado hoxe.

O responsable socialista advertiu que aquel proceso de contratación foi denunciado en 2012, e foi sinalado polo Consello de Contas por realizarse sen respectar os principios de publicidade e transparencia, o que activou unha investigación xudicial sobre o actual director xeral de Ordenación Forestal e outros ex altos cargos.

Quiroga apunta que “o seu modus operandi confirma unha dinámica de mala xestión, como reitera o propio Consello de Contas, e revela actuacións presididas pola improvisacións con consecuencias nefastas para as arcas públicas, unha práctica reiterada, como se veu de constatar na vaga de lumes de outubro”.

Os socialistas galegos sinalaron a súa “perplexidade” ante un proceso de contratación que, de acordo coa Fiscalía, foi iniciado por unha memoria de Medio Rural de maio de 2012 por un importe de máis de 25 millóns de euros.

Mentres, sinala, “o Ministerio público asegura que non consta a tramitación de ningún expediente administrativo e, por outra banda, o presidente da Xunta di que cremos que as cousas se fixeron correctas, ou eso é o que di a Asesoría Xurídica”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar