Mala praxe na contratación pública da Xunta

Mala praxe na contratación pública da Xunta

Mala praxe na contratación pública da Xunta

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, alertou hoxe da sucesión de casos de irregularidades na contratación pública da Xunta, que apuntan a unha “mala praxe xeneralizada” na administración autonómica. Así o dixo no debate dunha pregunta oral que presentou hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia.

O responsable socialista levou hoxe á Cámara as denuncias das empresas galegas contra a decisión de aglutinar nun macroconcurso de 45 millóns de euros o servizo de limpeza dos edificios administrativos e outros locais da administración autonómica por 24 meses prorrogables. Os comités de empresa e as asociacións de empresarios teñen protestado contra esta convocatoria, que impide a participación das pequenas e medianas empresas.

Díaz Villoslada advertiu que, malia que o Tribunal administrativo central de recursos contractuais respondeu ás denuncias dos empresarios constatando a formalidade do concurso, esta “debe de conxugarse co principio de oportunidade, de xeito de que se favoreza a participación real, non só formal, das Pemes na contratación pública autonómica”.

De feito, sinala que Presidencia “tivo que dar marcha atrás no macroconcurso de limpeza tras as queixas do axentes económicos e sociais” paralizando o proceso, renunciando a subscribir o contrato e compensando aos licitadores. Lembrou que tanto a normativa autonómica como a Lei de reestruturación do sector público de Galicia, de 2013, esixen que a contratación pública facilite a participación das pequenas e medianas empresas.

Xeneralizada

O portavoz socialista advertiu que este non é un caso illado nos múltiples exemplos de mala praxe que está a ofrecer a administración autonómica nos procesos de contratación. Lembrou así o caso do servizo de medios aéreos de salvamento marítimo, que ameaza con quedar deserto no outono, os contratos de servizos de Transportes “favorecendo a posición dominante de determinadas empresas” ou a prestación de contratos de emerxencias e protección civil ao responsable da materia na Estrada.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar