Máis recursos para a cooperación ao desenvolvemento

Máis recursos para a cooperación ao desenvolvemento

Máis recursos para a cooperación ao desenvolvemento

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, comprometeuse hoxe a levar ao debate de Orzamentos do Parlamento as demandas da Coordinadora Galega de ONGD’s. Así o dixo logo un encontro coa Coordinadora, xunto coa portavoz de Xustiza e Interior, Patricia Vilán.

Os socialistas galegos presentarán unha serie de emendas aos orzamentos para garantir un orzamento plurianual estable á cooperación ao desenvolvemento e recuperar paulatinamente o nivel de investimento, ata acadar a media das comunidades autónomas. A deputada socialista apostou por “recuperar a política pública e social de cooperación e construír un consenso político – social ao redor dela”.

Lembrou que o goberno de Feijóo reduciu as partidas deste apartado ata tal punto que tería que sumar o investimento dos tres últimos anos para chegar ao orzamento destinado polo último goberno de Touriño, de 12,2 millóns de euros. O goberno do PP reduciu nun 66 por cento as partidas destinadas á cooperación ao desenvolvemento, que no goberno socialista situábanse en torno aos 10 millóns de euros.

Blanco comprometeuse a impulsar un plan estratéxico consensuado coa sociedade e axentes sociais “dende un enfoque de cooperación cos pobos e países máis desfavorecidos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar