Máis proactividade da Xunta para garantir subministro eléctrico en condicións

Máis proactividade da Xunta para garantir subministro eléctrico en condicións

Máis proactividade da Xunta para garantir subministro eléctrico en condicións

O portavoz de Economía, Industria e I+D do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle hoxe ao goberno galego “proactividade” para garantir melloras no subministro eléctrico, nomeadamente no rural. Así o dixo na Comisión de Industria, no debate dunha pregunta oral sobre os efectos dos últimos temporais, que deixaron sen luz a máis de 200.000 persoas, “o 20 por cento dos galegos”.

O responsable socialista criticou a falla de iniciativa do goberno galego para reclamarlle ás eléctricas uns niveis mínimos de calidade, máxime cando “as 3 principais eléctricas tiveron 45.000 millóns de euros de beneficios nos últimos seis anos de crise económica”. Sinalou que os problemas de subministro teñen sido especialmente graves no rural, onde requiren dunha administración “proactiva” para garantir os dereitos desa poboación”.

Losada dixo que fronte aos en torno a 180.000 afectados recoñecidos polas eléctricas, tan só foron presentadas 2.000 reclamacións, o que evidencia “a importancia da segmentación social”, cun nivel moi alto de persoas que “non están en condicións de reclamar nada” e requiren da intervención da administración.

Lembra que esta poboación padece dunha “vulnerabilidade elevada” e contan cuns recursos públicos “escasos” á súa disposición, cando se trata fundamentalmente de poboación do rural envellecida e con “maiores dificultades de acceso” ás medidas de defensa dos seus dereitos de que deberan dispoñer.

Paro

Losada fixo ademais alusión aos datos de paro rexistrado coñecidos hoxe e que, sinalou “reflicten un mercado laboral galego moito menos dinámico” que o do seu entorno, e que sinalan que “seguimos encollendo en termos laborais”, cos indicadores por debaixo da media.

Explicou tamén que mentres no Estado reflíctese unha maior solidez no mercado laboral, xa que o incremento de afiliados á seguridade social supera as cifras de novos empregados, en Galicia a tendencia é exactamente a contraria. Sinalou que mentres a nivel estatal dende o mes de febreiro de 2016 houbo un 44 por cento de afiliados máis que o número de novos empregados, en Galicia houbo un 23 por cento menos.

Así, dixo, no último ano houbo 23.344 parados menos pero só 18.027 afiliacións á Seguridade Social máis, o que sinala que “aínda queda un bo número de persoas que emigran ou directamente se desaniman e marchan do sistema”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar