Mais medios para a prevención dos suicidios

Mais medios para a prevención dos suicidios

Mais medios para a prevención dos suicidios

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamou hoxe o reforzo dos psiquiatras e psicólogos da sanidade pública para previr o risco de suicidios en Galicia. Acuña presentou unha proposición non de Lei con motivo da celebración do Día da Prevención do Suicidio na que instou a aplicar as recomendacións da OMS dirixidas a reforzar os recursos de saúde mental en atención primaria.

A responsable socialista reclamou a ampliación a toda Galicia do Programa de prevención do suicidio, posto en marcha na provincia de Ourense polo goberno presidido por Emilio Pérez Touriño, e que conseguiu baixar a taxa dos 12,9 aos 11,8 casos por cada 100.000 habitantes entre 2011 e 2012.

Acuña acusou ao goberno de Feijóo de eludir as recomendacións da OMS, que advertían do risco de aumento dos suicidios debido á crise económica, e censurou que “a súa estratexia fora a de agochar a verdade, negar o incremento do número de casos e mentir sobre o número de suicidios en Galicia”.

Sinala que, de acordo cos datos do Movemento Galego de Saúde Mental, os suicidios aumentaron en Galicia un 41 por cento entre 2010 e 2014, dende 275 a 390 neste último ano, mais de un por cada día, e situando a taxa en 14 por cada 100.000 habitantes, por enriba da media estatal. Por iso considera imprescindible que a administración sanitaria escoite e teña en conta as recomendacións que os profesionais acorden na xornada que hoxe se celebra en Compostela sobre prevención de suicidio.

A deputada socialista sinala as advertencias dos expertos en saúde mental, que relacionan as dificultades que están a atravesar os sectores mais desfavorecidos co incremento da taxa, e da suba espectacular no consumo de antitéticos e antidepresivos. Critica que Feijóo “non recoñeza os datos oficiais” e agoche o dato correspondente ao ano 2014 na resposta ás preguntas formuladas polos socialistas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar