Máis investigación contra a vespa velutina

Máis investigación contra a vespa velutina

Máis investigación contra a vespa velutina

O portavoz de Agricultura e Política Forestal do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, reclamoulle hoxe ao goberno galego maior investimento na investigación de medios para frear a expansión da vespa velutina en Galicia. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Agricultura do Parlamento, na que advertiu do escaso éxito das trampas aplicadas na actualidade.

O responsable socialista sinalou os altísimos efectos colaterais das trampas, nas que esta vespa asiática tan só supón entre o 1 e o 2 por cento das especies que recollen. Dixo que “o gran camiño” para acadar resultados eficaces pasa por “profundizar na investigación a través de convenios coas universidades, que vanse substanciar con apoio económico”.

Os socialista galegos preguntáronlle hoxe ao goberno galego polas liñas de actuación previstas para controlar a poboación crecente desta especie invasora, que “afecta de xeito notable ás expectativas da fauna local, froitos e principalmente na poboación e abellas melíferas”, provocando “prexuízos directos aos apicultores”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar