Máis independencia e medios para garantir a loita contra a corrupción dende o Consello de Contas

Máis independencia e medios para garantir a loita contra a corrupción dende o Consello de Contas

Máis independencia e medios para garantir a loita contra a corrupción dende o Consello de Contas

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Consello de Contas, Juan Díaz Villoslada, reclamou hoxe “independencia e medios” para garantir as novas funcións de prevención da corrupción do Consello de Contas de Galicia. Así o dixo no debate do Regulamento do Réxime Interno da institución, aprobado hoxe no Parlamento, que incorpora estas tarefas ao órgano fiscalizador.

O responsable socialista solicitou “garantir instrumentos que doten dunha maior transparencia” á xestión dos organismos públicos e ao mesmo tempo “abrir canles para a protección de denunciantes de prácticas corruptas”. O PP rexeitou estas ideas plasmadas nas emendas presentadas polos socialistas, que aseguraron que “volveremos a presentalas en forma de proposicións de Lei”.

Os socialistas galegos reclamaron ademais o “reforzo e visibilización dos novos plans anticorrupción que ten que aprobar o Consello de Contas de Galicia, e garantir a independencia e eficacia do ente “mellorando os seus procesos de estabilización, formación e xestión de recursos humanos”.

O PP rexeitou tódalas emendas presentadas polos socialistas galegos, agás unha proposta para trasladar ao Parlamento as medidas cautelares tomadas polo órgano fronte a posibles imputacións penais dos seus membros.

Mal exemplo

Díaz Villoslada salientou a relevancia do novo papel do Consello de Contas de Galicia na loita contra a fraude e a corrupción, que é considerada a segunda preocupación da cidadanía despois do desemprego.

Chamou á “necesaria colaboración institucional” para desempregar este papel con éxito, pero que coincide hoxe coa purga do Ministerio de Xustiza de 30 fiscais anticorrupción, o que considera que “non é precisamente ningún exemplo” da dita colaboración.

O parlamentario socialista secundou así a reclamación de explicacións ao Fiscal Xeral do Estado diante desta decisión e polas denuncias de presións e intimidacións realizadas publicamente hoxe polo ex fiscal xefe de Murcia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar