Máis financiamento e transparencia nas axudas ás federación deportivas galegas

Máis financiamento e transparencia nas axudas ás federación deportivas galegas

Máis financiamento e transparencia nas axudas ás federación deportivas galegas

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamoulle hoxe á Xunta a mellora do financiamento plurianual concedido ás federacións deportivas de Galicia por parte da Xunta, así como aplicar criterios de transparencia na asignación de fondos. O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión coas demandas das federacións deportivas representadas en Ufedega.

Díaz Villoslada instou á nova titular do departamento a que “aproveite a súa chegada para desenvolver a Lei do Deporte de Galicia paralizada polo seu goberno e mellorar o financiamento das asociacións deportivas”. Advertiu que esta Secretaría Xeral é a única da Consellería que ve minorado o seu orzamento con respecto ao ano 2016, un 2 por cento que se acumula cunha caída global do 31 por cento dende 2010.

O parlamentario socialista sinalou que a Secretaría xestiona hoxe 20 millóns de euros de orzamento, “nada que ver cos 40 millóns que chegou a xestionar co goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño”.

Trasladoulle as demandas feitas públicas pola Unión de Federacións Deportivas Galegas –Ufedega- para mellorar as condicións do deporte escolar, os seguros deportivos, o desenvolvemento da Escola Galega do Deporte prevista na Lei do Deporte de Galicia ou os problemas derivados da licenza única deportiva, que restrinxe aínda máis as axudas ás asociacións ao centralizar as licencias a nivel estatal.

Representatividade

Criticou que a Xunta rexeite recoñecer a representatividade de Ufedega, a maior asociación de Galicia, e mesmo chegue a impulsar a Rede do Deporte Galego constituída hoxe mesmo. Lamentou o “estrangulamento financeiro” a esta asociación, que non ten concedida ningunha subvención, e instounos a recoñecer a súa importancia “nas subvencións que mañá mesmo asinará o Consello da Xunta”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar
Pechar

Escribe o teu nome de usuario ou o teu enderezo de correo. Recibirás por correo unha ligazón para creares un novo contrasinal.

Pechar

Pechar