Máis de 12.000 militantes están chamados ao participar nas 300 asembleas para propoñer candidaturas ás xerais

Máis de 12.000 militantes están chamados ao participar nas 300 asembleas para propoñer candidaturas ás xerais

Máis de 12.000 militantes están chamados ao participar nas 300 asembleas para propoñer candidaturas ás xerais

Os socialistas galegos están inmersos no proceso de elaboración das listas de candidatos e candidatas que concorrerán ao Congreso e Senado nas vindeiras eleccións xerais, un proceso no que interveñen todos os órganos do partido e no que “todos os militantes teñen a palabra”.

Así o afirmou o secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, tras a xuntanza da Permanente da Executiva dos socialistas galegos, na que se abordou o desenvolvemento deste proceso de elaboración de listas, que está xa en marcha nas agrupacións locais e que rematará para estas o vindeiro 14 de setembro.

Os socialistas galegos celebrarán neste período ao redor de 300 asembleas, nas que os preto de 12.000 militantes están chamados a participar activamente coas súas propostas de candidaturas.

Posteriormente, os comités provinciais, entre o 23 e o 25 de setembro, recollerán estas propostas e aprobarán estas listas, que remitirán ante do 3 de outubro a Madrid para a súa aprobación definitiva no Comité Federal do día 8.

García sinalou que “a diferencia de outras forzas políticas, no PSdeG todos os militantes terán a palabra nestes quince días para opinar e manifestar as súas preferencias respecto ás candidaturas”.

“O PSOE segue a ser o partido da militancia, e a militancia participa de xeito directo e activo na elección de candidatos e candidatas”, subliñou García, mediante un proceso de confección das listas “que non só merece todo o respecto do partido, senón que consideramos fundamental, porque consiste en escoitar a voz de todas e todos os que conformamos o socialismo galego”.

Conferencia Política
Por outra parte, o secretario de Organización do PSdeG avanzou que o vindeiro sábado, no Comité Nacional, elixirán aos 25 representantes na Conferencia Política que se celebrará en Madrid, e que se sumarán aos 15 socialistas galegos que forman parte da Executiva Federal.

As suxestións dos socialistas galegos centraranse en temas que teñen especial incidencia en Galicia, como son o envellecemento e a dispersión de poboación e a medida na que incide nos servizos sociais. A esta engadirán proposta da reforma da administración para a súa optimización coa máxima de “un servizo, unha administración”, e a reforma do Senado como cámara territorial.

“O socialismo galego ten moitas iniciativas e ideas, e quere ir a esta Conferencia Política con temas que lle afectan a Galicia pero que tamén poden aportar moito ao conxunto do Estado e ao documento que se elabore a nivel federal”, destacou García.

32641281A

Artigos relacionados

Pechar