Valoramos que Feijóo acepte, con ano e medio de retraso, a nosa proposta de publicar o patrimonio de Xunta e deputados

Valoramos que Feijóo acepte, con ano e medio de retraso, a nosa proposta de publicar o patrimonio de Xunta e deputados

Valoramos que Feijóo acepte, con ano e medio de retraso, a nosa proposta de publicar o patrimonio de Xunta e deputados

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, valorou hoxe que Feijóo teña aceptado “cun ano e medio de retraso” a proposta socialista para facer pública a declaración de bens e patrimonio dos cargos públicos da Xunta e dos deputados e deputadas do Parlamento de Galicia.

O responsable socialista lembrou que o PP “ten rexeitado xa en dúas ocasións nesta mesma lexislatura a proposta socialista para darlle transparencia ao patrimonio dos cargos públicos”. Advirte que o presidente da Xunta “vese obrigado a cambiar de postura porque sabe que a proposta será tratada no vindeiro Pleno do Parlamento”.

O Grupo Socialista, dixo, presentou en marzo de 2010 unha proposta para facer pública a declaración de patrimonio de tódolos altos da Xunta e do sector público autonómico. Sinala que “está ben que Feijóo rectifique e acepte agora a proposta que fixemos dende o PSdeG-PSOE a través do portavoz da Área Institucional, José Manuel Lage, para transparentar as declaracións de bens e actividades”.

Losada sinala que “o presidente da Xunta debe lembrar que quen lexisla é o Parlamento e non o goberno da Xunta, polo tanto será o Parlamento o que decida, a proposta dos socialistas galegos, cómo se regula a publicidade dos patrimonios do goberno e dos parlamentarios”.

Explicou que “a finalidade específica da proposta que presentamos os socialistas galegos é dar a coñecer á cidadanía cales son as rendas, e a súa orixe, percibidas polos cargos públicos durante o seu mandato, así como as variacións experimentadas no seu patrimonio durante ese período”.

Finalmente, dixo, trátase de “dar a coñecer as súas actividades e intereses privados para que poida comprobarse que non queda supeditado a estes, o interese público ao que serven”. Engadiu que a “publicidade inherente á vida democrática somete a quen voluntariamente participa na vida pública a uns controis moi superiores aos que debe soportar o cidadán na súa vida privada”.

Engadiu que “os cargos públicos temos que dar exemplo coa nosa conduta e coa transparencia na nosa actividade pública para facer posible un sistema democrático con maior calidade e credibilidade” e saudou que agora o PP acepte as propostas socialistas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar