Losada sinala que a parálise do Plan Eólico e a “puntilla” ás renovables e un “golpe ao corazón enerxético de Galicia”

Losada sinala que a parálise do Plan Eólico e a “puntilla” ás renovables e un “golpe ao corazón enerxético de Galicia”

Losada sinala que a parálise do Plan Eólico e a “puntilla” ás renovables e un “golpe ao corazón enerxético de Galicia”

Abel Losada acusa a Feijóo de defender ás grandes empresas prexudicando os intereses económicos dos galegos e das galegas

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que a política enerxética “fondamente ideolóxica” de Feijóo en Galicia e Rajoy no Goberno central é o causante do incremento imparable da factura eléctrica. O responsable socialista dixo que a paralización do Plan Eólico prexudica aos galegos e galegas condenando ao sector á parálise.

O responsable socialista presentou unha interpelación no Parlamento na que sinala que o parón eólico provocado por Feijóo dende 2009 situou ao sector “baixo mínimos”, co que Galicia “continúa a perder posicións dentro de España na xeración de electricidade producida polo vento”. Advertiu que o sector estima un descenso medio anual do 40 por cento para as instalacións de Galicia.

O goberno galego vén ademais de sufrir un “golpe no corazón enerxético de Galicia” a través do real decreto que deseña o futuro das fontes renovables, que afecta nomeadamente á eólica galega, a que soporta o maior peso do recorte. Dixo que o goberno castiga a estas exploración ao penalizar ás instalacións que conten con autorización de explotación definitiva anterior a 2004.

Estas explotacións, o 60 por cento das que están afincadas en Galicia, quedarán excluídas do chamado réxime específico que prevé primas excepcionais para asegurar a súa rendibilidade, eliminando as axudas e deixándoas á venda de produción no mercado.

Losada cualifica de “nefasta” a “alianza Rajoy – Feijóo”, que elimina as axudas para as explotacións galegas logo de que o presidente da Xunta paralizara un plan eólico encetado dende 2009 con “fundamentos exclusivamente ideolóxicos”. Advertiu que Feijóo incumpriu o seu propio plan eólico co que supostamente investiría 14.000 millóns de euros e crearía 6.000 postos de traballo.

Subliñou que “o certo é que a día de hoxe ningún novo megavatio do último concurso está en funcionamento, e que as críticas das empresas do sector son incesantes e públicas”. Mentres, remachou, a cidadanía ten que pagar cada día unha factura enerxética mais elevada.

Esta é a consecuencia, dixo, dunha política de Feijóo que “en vez de defender aos sectores produtivos da Comunidade Autónoma que goberna e os intereses económicos dos cidadáns, o único que fai é afondar nos problemas e incertezas do sector a través das súas decisións fondamente erradas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar