Losada saúda positivamente as medidas de Zapatero contra e crise, fronte a falta de iniciativas da Xunta

Losada saúda positivamente as medidas de Zapatero contra e crise, fronte a falta de iniciativas  da Xunta

Losada saúda positivamente as medidas de Zapatero contra e crise, fronte a falta de iniciativas da Xunta

 O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada valorou hoxe “moi positivamente” o novo paquete de medidas presentadas polo Presidente do Goberno, Jose Luis Rodríguez Zapatero no Pleno extraordinario do Congreso dos Deputados.

Losada sinala que estas medidas conviven axeitadamente co que son as dúas grandes liñas de actuación ante a crise, que resulta imprescindibles facelas compatibles no actual contexto de crise económica. Asegura que por unha parte é necesario continuar co proceso de consolidación fiscal, pero sen descoidar o crecemento económico e a creación de emprego. 

O portavoz socialista explicou que no que respecta as medidas sobre o crecemento económico e a creación de emprego, dixo que saúda positivamente a continuación das reformas estruturais que o Goberno de Zapatero iniciou fai 2 anos (como por exemplo a reforma do sistema financeiro, a reforma das pensións ou a reforma laboral), e advirte ademais que son reformas que sempre teñen que atender as necesidades de aqueles segmentos de poboación que pasan por mais dificultades nestes momentos (e citou a prorroga das axudas de 400 euros, e as facilidades na contratación de mozos e mozas).

No que se refire a consolidación fiscal (diminución do déficit) Losada afirma que ten que producirse unha axeitada combinación de incrementos dos ingresos e unha diminución dos gastos. Por iso explica que se incrementan o imposto de sociedades e intensificase a loita contra o fraude fiscal. Dixo que dende o PSdeG-PSOE esperamos a reintroducción selectiva do imposto sobre o patrimonio, que debe ir acompañada dunha redución dos gastos, especialmente en gasto corrente, xunto cunha maior austeridade nas finanzas publicas.

Recortes de Feijoo aos mais desfavorecidos

Así as cousas e fronte a esta panorama o portavoz socialista criticou duramente a falta de iniciativa do Goberno de Feijoo. Dixo que na nosa Comunidade hai unha ausencia de políticas de emprego, o que da como resultado ter o triplo de traballadores afectados por un ERE, respecto aos datos do ano pasado, e ademais crítica que a contratación indefinida caeu en Galicia un 1.2%, respecto tamén aos datos do ano pasado. E no que atinxe as políticas sociais denuncia que “son as mais perxudicadas na folla de ruta de Feijoo”. Ademais aludiu aos recortes nos sectores mais desfavorecidos e desprotexidos da sociedade, unha característica das políticas de dereita, como por exemplo as asociacións e colectivos de Galicia que se adican a axuda aos afectados polo VIH/SIDA.

E resumiu “en Galicia hai 60.000 persoas en situación de pobreza de severa, e mentres Feijoo, que está desaparecido, mira hacia outro lado”.

Nese senso Losada emprazou ao executivo autonómico a tomar exemplo das medidas e das propostas de Zapatero “déixense de criticar e arrimen o ombreiro neste momento de crise, esa é a única receita que esperan ver os galegos do executivo de Feijoo”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar