Losada refírese aos orzamentos do Estado como "arma de mentira masiva" desconectada da realidade económica

Losada refírese aos orzamentos do Estado como "arma de mentira masiva" desconectada da realidade económica

Losada refírese aos orzamentos do Estado como "arma de mentira masiva" desconectada da realidade económica

Abel Losada referiuseaos orzamentos que ven de aprobar o Goberno Central como “uns orzamentos que nacen mortos”, recollendo a descripción que o diarío británico conservador facía o sábado de Rajoy referíndose a el como un “morto vivinte”. Asegurou que estas contas son un “arma de mentira masiva que non teñen a máis mínima conexión coa realidade económica deste país. “Son un arma de destrución masiva para unha economía que xa está en recesión”, insistiu, ao tempo que avanzaba que, por primeira vez, ten que darlle a razón a Feijóo quen esta mesma mañá aseguraba que estes orzamentos xerais do Estado “non lle ustan a ninguén”.
A primeira das “falsedades” das contas pasa, segundo Losada, polo escenario macroeconómico que debullan os datos xa que recollen unha caída do PIB do 0,5%, cando todos expertos e organismos o sitúan nun 1,5. Con estes cifras, ironizou, o
PP busca unha “milagre economica”: que caendo a actividade económica, diminúa o desemprego.
A segunda “gran mentira” ten que ver co suposto carácter social das contas. Losada reprochou que o Goberno fale de carácter social cando o consumo das administracións públicas en sanidade e educación baixaron no 2012 nun 4% e este
ano anúnciase unha rebaixa dun 8,2% .“Non se pode falar de compromiso social cando se anuncian recortes que duplican aos do ano pasado”, enmarcando estas medidas na “ideoloxía neoliberal que di que hai que deixar o mercado, que non fai
falla acción política”.
Durante a rolda de prensa, avanzou outros dous temas que “agocha” o PP ata o 21 de outubro “co silencio cómplice de Feijóo”. Losada pediulle ao PP que diga antes das eleccións se vai “volver baixar as prestacións de desemprego”, tendo en conta que vai aumentar o paro. Referiuse ao debate entre Rubalcaba e Rajoy cando o candidato socialista lle preguntaba ao actual presidente de goberno a súas intencións con respecto a estas axudas. Naquel momento Rajoy non contestou pero
si as baixou, lembrou Losada.
Con respecto das pensións, destacou que Galicia é a Comunidade máis envellecida polo que “somos especialmente sensibles” coas decisións que tome o Goberno nesta materia. O candidato socialista esixiulle ao Goberno que explique se vai
cumprir a lei e revalorizar as pensións na suba do IPC posto que o incremento do 1% que se fixo público supón “unha perda dramática da capacidade adquisitiva”, tendo en conta o IPC, o copago, e os incrementos de IRPF e IVE. Tal e como
explicou, esta non revalorización de pensións, “unha medida que non van a anunciar ata pasadas as eleccións”, supón 60 millóns de euros na provincia de Pontevedra, uns 250 euros por pensionista.
Na súa opinión, imos coñecer “estes e outros enganos a partir do día 21 de outubro” porque outro dos temores dos socialistas pasa porque estas partidas “nin siquera se executen” e vaian a outros territorios, logo de que se celebren as
eleccións en Galicia, Pais Vasco e Cataluña. Cualificou estas contas “como un cadro electoralista” que se vai modificar “vía real decreto” para “contentar aos presidentes autonómicos do PP que xa están a protestar”.
O candidato do PSdeG reiterou a petición dos socialistas de “verdade e transparencia” ao referirse ao acto que onte protagonizou o candidato do PP na presentación do programa electoral. Criticou a promesa do líder do PP de
“compatibilizar déficit cero con crecemento económico porque é imposible”. Se él non o sabe, abundou, “é dramático”, pero se o sabe aínda é peor porque é consciente de que esta enganando á cidadanía”. En aras desta ortodoxía neoliberal,
dixo, imos seguir sufrindo máis recesión, máis desemprego e recortes nos servizos públicos. Animou a Feijoo a “deixar de gobernar con titulares e empezar a facelo con noticias positivas no BOE” porque esta política de recortes para lograr o “mito
do déficit cero” só trae máis recesión, máis recortes, menos recaudación e, polo tanto, máis necesidades de recortes. Fixo fincapé en que, tanto os orzamentos xerais do Estado como o programa electoral do PP son “armas de propaganda e
destrución masiva” .
Investimentos
Pola súa banda, a senadora Ángeles Marra referiuse ás contas estatais como as do “engano que van afondar na crise”, porque parten dunha previsión de ingresos e gastos que non se van cumprir. Son os orzamentos do recorte, puntualizou, nos que so aumentan os intereses da débeda, que crece un 34%. Contrapuxo este crecemento coa diminución dos investimentos produtivos, que baixaron un 18% en Pontevedra, respecto ao pasado exercicio. Concretamente, esta inversión estaba en 439 millóns de euros en 2012 e agora pasa a 358 millóns de euros.
Con respecto a Vigo, no eixo atlántico estaban consignados 318 millóns de euros, que agora se reducen a 175 millóns de euros; no tocante ao aeroporto, non hai partida para o desenvolvemento e mellora do sistema aéreo, a “pesar dos
problemas que se viviron este verán cos fallos do sistema antinéboas”; a partida para ampliar o edificio da terminal pasa de 16 millóns a 14 millóns de euros; para melloras no edificio da terminal de carga e pasaxeiros no aparece ningunha
aportación, e, para a central eléctrica, cun custo total de 2,5 millóns de euros, hai unha aportación de 608.000 euros.
Aludiu a partidas importantes como a da depuradora á que se destiñan 24,6 millóns, cando deberían figurar 54 millóns de euros, “tendo en conta que no 2012 non se executou a partida prevista de 36 millóns de euros”, as aportacións á Zona
Franca tamén se reduciron de 15,4 millóns a 7,4 o que suporá a “diminución de importantes iniciativas económicas na zona”. Ademais, proseguiu, desaparecen investimentos en praias, ou proxectos como o de Samil ou Alcalbre.
Esta “austeridade do PP”, proseguiu, reduce o número de funcionarios, pero non de altos cargos. Tamén reciben “un auténtico hachazo” as políticas sociais, cun recorte en educación e cultura dun 14,4%, unha diminución que se eleva ao 19,6 en cultura. O gasto social pasa do 63% ao 55,9%. No caso de Vigo, desaparece a Biblioteca do Estado “a pesar de que o proceso de expropiación xa está en marcha” ou as aportacións para o Centro de Reinserción, cunha partida de 13,5 millóns que non se executarán ata o 2016. “Estes non son os orzamentos que merecen os vigueses”, concluiu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar