Reclaman un pleno extraordinario no que Feijóo explique a situación económica, os cambios de goberno e o impacto dos recortes de Rajoy

Reclaman un pleno extraordinario no que Feijóo explique a situación económica, os cambios de goberno e o impacto dos recortes de Rajoy

Reclaman un pleno extraordinario no que Feijóo explique a situación económica, os cambios de goberno e o impacto dos recortes de Rajoy

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamou a convocatoria dun Pleno Extraordinario para que Feijóo explique os cambios na composición do seu Goberno, o impacto dos recortes de Rajoy e a situación económica e laboral. Solicitou a convocatoria da Deputación Permanente do Parlamento para debater a celebración do Pleno Extraordinario no mes de xaneiro.

Os socialistas galegos solicitaron así por unha banda a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta da súa “incompetencia” diante do crecemento galopante do paro en Galicia, onde hoxe hai 258.234 persoas desempregadas. Lembrou que nunca antes na historia se acadara esta cifra, e que no mes de decembro rexistráronse 4.818 novos desempregados en Galicia, fronte aos 1.897 do conxunto do Estado.

Reclamou ao presidente da Xunta que dea conta de que Galicia teña a máis de 15.000 persoas afectadas por EREs entre xaneiro e outubro, un 53 por cento máis que en 2010, dez veces máis que no conxunto do Estado, onde medraron un 5,9 por cento. Tamén advertiu da caída do Índice de Produción Industrial, que en Galicia descendeu entre xaneiro e outubro un 6,9 por cento mentres en España descende un 0,7 por cento.

Tamén reclamou a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta dos cambios realizados no seu goberno, que debullan un “perfecto retrato ideolóxico de Feijóo e o seu equipo” ao optar por unha sucesión “continuísta e tecnocrática” en Facenda e Sanidade. Dixo que Feijóo “esquece a iniciativa económica” para seguir o axuste fiscal extremo que “só auguran mais recesión e mais paro”.

Criticou tamén a fusión de Mar e Medio Rural permitindo que o mercado sexa o “elemento director” da política económica do goberno galego, que “non ten en conta” a estes sectores cando Galicia supón o 1,76 por cento do comercio mundial de peixe e un volume de negocio de 2.860 millóns de euros. Mentres, a desaparición da Consellería de Cultura supón “unha renuncia mais ante o mercado”.

Finalmente, reclamou a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta do impacto dos recortes de Rajoy sobre Galicia, que estimou na perda de 900 millóns de euros entre a diminución de gastos e o aumento dos impostos. Criticou que estas medidas supoñen un “dobre castigo para a sociedade galega nun momento difícil” sumando novas restricións ás reducións orzamentarias aplicadas por Feijóo.

AVE

O responsable socialista criticou hoxe que os recortes do goberno central inclúan o AVE galego, logo de que o que cualificou ironicamente de “dúo dinámico” entre Feijóo e a ministra Ana Pastor comezaran a “poñer a venda antes da ferida” alegando “dificultades técnicas e orzamentarias” coas que “anuncian a paralización efectiva” da infraestrutura.

Losada cualificou de “traizón a Galicia” que o PP galego, con Feijóo á cabeza, “antepoña os intereses do PP de España aos de Galicia” cando fai apenas mes e medio esixían o cumprimento “punto por punto” dos compromisos para a construción do AVE a Galicia. Dixo que Feijóo “insulta á intelixencia dos galegos” ao falar da Transcantábrica e o Eixo Atlántico como únicas asignaturas pendentes sen incluír a conexión da alta velocidade ferroviaria coa Meseta.

Dixo que o Goberno de España “non pode repetir o engano a Galicia que foi o AVE de Cascos”, cunha vía única en lugar de dobre vía e de menor velocidade, e dixo que Rajoy “ten que acabar o proxecto impulsado polo presidente Zapatero e o ministro José Blanco á fronte de Fomento”.

Redución e aforro

Losada presentou hoxe a Proposición non de Lei na que formalizaron a proposta de redución da administración anunciada a semana pasada por Pachi Vázquez, que suporá a diminución de 69 a 6 organismos autónomos da Xunta cun aforro conseguinte de 100 millóns de euros. Advertiu que malia os anuncios “virtuais” do conselleiro Rueda, a realidade é que a Xunta segue a transferir 932 millóns á administración paralela –excluíndo o Sergas-.

Respondeulle ademais ao conselleiro de Presidencia puntualizando que os socialistas galegos non se suman á redución da administración que ven anunciando porque “é retórica, anuncios e cifras manipuladas”. Puntualizou que a única redución que rematou o goberno galego foi o das Fundacións Comarcais iniciada polo presidente Emilio Pérez Touriño.

Cualificou de “eterna viaxe a Ítaca” os anuncios periódicos de Rueda sobre a redución da administración autonómica por canto “só pode presentar un balance cero” xa que o volume de organismos paralelos “mantense igual cando non superior”.

Por este motivo, os socialistas galegos solicitaron formalmente á Xunta, a través da Presidencia do Parlamento (art. 9) toda a información sobre a supresión real de organismos da Administración autonómica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar