Losada reclama poñer ás persoas no centro da política e anuncia "tolerancia cero" cos recortes sociais e laborais

Losada reclama poñer ás persoas no centro da política e anuncia "tolerancia cero" cos recortes sociais e laborais

Losada reclama poñer ás persoas no centro da política e anuncia "tolerancia cero" cos recortes sociais e laborais

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamou a Feijóo “poñer ás persoas no centro da política” no “momento de crise en que a cidadanía esixe respostas”. Así o dixo na segunda xornada do debate do Estado da Autonomía no que presentou 301 propostas de resolución para “defender a cohesión social” logo de constatar o “fracaso” da xestión de Feijóo.

O responsable socialista anunciou “tolerancia cero cos recortes sociais e laborais” fronte a un Feijóo “aliñado coa dereita europea mais dura” nunha obsesión coa austeridade que “condena a unha parte importante da poboación a un nivel de pobreza severa intolerable no mundo occidental”. Admitiu a importancia de “axustar as contas e controlar o déficit” pero subliñou que “o principal é medrar e xerar emprego”.

Losada advertiu que “o único instrumento” para acometer estas iniciativas é “que os que teñen mais paguen mais, e o demais é demagoxia”. Salientou neste sentido a importancia de “acometer as reformas estruturais necesarias e apostar pola produtividade e a innovación” mantendo un “modelo social, territorial e medioambientalmente sustentable”.

Advertiu tamén que o último debate do Estado da Autonomía da lexislatura de Feijóo está lastrado por uns orzamentos aprobados pola Xunta “que non valen absolutamente para nada” por canto a realidade xa desbotou tódalas previsións de crecemento económico e polo tanto de ingresos das contas públicas.

Aludiu así a que mentres a Xunta estimaba un crecemento do 1,5 para España e do 1,1 para Galicia, a realidade é que España vai decrecer un 1,7 por cento, co que Galicia pode situarse na recesión cun decrecemento do -2 por cento do PIB. Isto provoca que en 2012 a recadación de impostos caeu en xaneiro un 20 por cento, o mesmo fenómeno que “en 2009 de maneira indigna chamaban burato e agora chámanlle recesión”.

Os socialistas presentaron un total de 301 emendas destinadas a “corrixir os déficits” da xestión de Feijóo durante os pasados tres anos, xa que “hai persoas detrás dos números que non queren nin deben apartarse, e os socialistas vamos estar sempre con eles”. Aludía así a unha coñecida viñeta de El Roto na que un empresario reclama “que se aparten” ás persoas que “hai detrás dos números”.

As emendas socialistas, explicou, céntranse na reactivación económica e do emprego a través dunha batería de iniciativas para o impulso económico e de creación de postos de traballo, así como a blindaxe dos servizos públicos e as políticas de inclusión social, rexeitando expresamente a fórmula do copago “especialmente na sanidade pública”.

Balance

O responsable socialista fixo balance da xestión de Feijóo durante os pasados tres anos por ser hoxe o derradeiro debate de política xeral na cámara autonómica, nos que Galicia “empeorou a súa posición relativa” con relación a España. Así o din a caída do PIB, o maior número de parados da historia, un total de 23.000 traballadores afectados por EREs en 2011 e a caída da confianza dos empresarios a mínimos históricos.

Dixo que a xestión de Feijóo no ámbito produtivo centrouse “fundamentalmente na incompetencia” ao paralizar o Plan Estratéxico, facer do Igape o “paradigma do maior engano ao que someteu aos cidadáns e os empresarios do país” polas graves irregularida

des detectadas na concesións de axudas, ou a “chapuza” da fusión das caixas que rematou cun único banco pendente de capitalización e na corda frouxa.

Tamén recortou nun 60 por cento as achegas para investigación, e faltou ao seu compromiso de elaborar un Plan Autonómico de Emprego, reducindo os orzamentos de 1.060 a 335 euros por parado entre 2009 e 2011. Criticou tamén que mentres prometía incentivos fiscais para incentivar o consumo “non tivera empacho en aplaudir un incremento do IRPF para as clases medias e baixas”.

Losada lamentou tamén o abandono das políticas de impulso dos sectores primarios provocando o abandono de mais de 2.100 explotacións agrarias e 1.200 persoas menos afiliados ao réxime especial do mar.

Cualificou tamén de “desalentadores” os datos referentes á industria, con Galicia como a segunda autonomía con maior caída do Índice de Produción Industrial en 2011, un 7,1 por cento, catro veces mais que España, e 35.000 ocupados menos no sector. Dixo que a “mellor metáfora” da situación da industria é “os conselleiros de Presidencia e Industria saíndo pola porta traseira dun hotel de Ferrol escapando dos traballadores”.

Lembrou tamén o “conto da leiteira” do concurso eólico de Feijóo, que quedou en nada logo de que o Goberno Central suprimira as primas ás renovables sen que a Xunta presentara ningún recurso diante do Tribunal Constitucional. Ademais, dixo, en Galicia pechan 20 comercios cada día e no ano Xacobeo Galicia foi a autonomía con maior incremento do paro do Estado.

Mentres isto sucede, dixo, o Plan de Infraestruturas anunciado polo goberno galego permanece “paralizado” e cunha caída das licitacións correspondentes á Xunta dun 78 por cento entre 2008 e 2011. Ademais, acusou a Feijóo de utilizar “calquera fenda” tanto na Lei do Solo como na de Industria para rematar coa protección do territorio e do medio ambiente.

Benestar

Abel Losada criticou que o goberno presidido por Feijóo teña decidido aproveitar a crise económica para impulsar a privatización dos servizos públicos cunha xestión do benestar na que “ademais de incompetencia hai ideoloxía e hai negocio”. Criticou o “desprezo” ao sector educativo, ao que recortou 1.000 profesores para atender a 3.000 alumnos mais, suprimiu a gratuidade dos libros de texto e primou o ensino privado.

Advertiu tamén que na sanidade recortaron un total de 500 millóns de euros, con 300.000 galegos e galegas en listas de espera “malia que intenten maquillalas”, sen ter presentado en 3 anos ademais a prometida Lei de Garantías do Sergas e entregando o Hospital de Vigo en concesión á empresa privada por un custe total de 1.500 millóns de euros.

En materia de Dependencia, dixo que mentres Rajoy reclamaba o cumprimento da devandita Lei, a realidade é que “a lista de dependentes en espera medrou nun 400 por cento” con milleiros de galegos e galegas solicitantes que “van quedar en espera moito tempo por decisión do PP”. Sinalou que outros 600.000 galegos e galegas atópanse no por debaixo do albor da pobreza ou en risco de exclusión social.

Dixo que malia o discurso do PP en prol da igualdade a realidade é que a xestión de Feijóo provocou que a taxa de paro feminina medrara en Galicia un 15 por cento mais que no conxunto de España, e “esqueceron que as mulleres son o 50 por cento da poboación, o que supón un capital económico irrenunciable en tempos de crise”.

Estatuto

Finalmente, Losada acusou a Feijóo de ter sido o responsable do bloqueo da reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia por “plegarse aos intereses de Génova” e “mentiu” cando comprometeu este proceso. Acusouno tamén de “dinamitar” o Plan de Revitalización da lingua galega “por intereses electorais e ideolóxicos”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar