Losada reclama a Feijóo que adiante o cambio do seu goberno pola súa “parálise e incompetencia”

Losada reclama a Feijóo que adiante o cambio do seu goberno pola súa “parálise e incompetencia”

Losada reclama a Feijóo que adiante o cambio do seu goberno pola súa “parálise e incompetencia”


O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, reclamou a Feijóo que acelere o cambio do seu goberno diante da súa “parálise e incompetencia”. Nomeadamente, salientou a gravidade da situación das áreas de Educación, Sanidade, Emprego, Economía e Industria e no Igape.

Losada dixo que “non é posible admitir esta situación mais tempo” por canto a parálise do Goberno prexudica gravemente aos servizos públicos e lastra a actividade económica de Galicia. Reclamou ao presidente da Xunta que “deixe de agocharse detrás de declaracións grandilocuentes” e explique por qué mantén “un goberno incapaz” de xestionar a recuperación económica da Comunidade Autónoma.

Explicou que no caso da Educación mantén unha “crispación constante cos axentes educativos” nunha liña “fondamente ideoloxizada destinada a limar as condicións do ensino público e potenciar o concertado e o privado”. Citou as últimas decisións de reducir as axudas aos libros de texto ou o peche de sete institutos nas principais áreas urbanas de Galicia.

Sinalou tamén que a conselleira de Sanidade xestiona o Sergas “como un rompecabezas” co único denominador común da opacidade levando a sanidade pública a un progresivo deterioro mentres aumenta a privada. Lembrou que o presidente da Xunta aínda non explicou qué parte dos 15.000 millóns de suposta débeda da sanidade de España que ven de denunciar Feijóo corresponden a Galicia.

En materia de emprego, dixo, a conselleira Mato optou pola “rendición incondicional” diante da creación de emprego para apostar pola “estratexia da trampa e da ocultación, da maquillaxe das listas do paro”. Finalmente, o conselleiro de Economía e Industria está “desaparecido e literalmente queimado” mentres se mantén “missing” no Plan Eólico e do Naval, e ten o Plan Galego de I+D+i “conxelado” e as bolsas “literalmente paralizadas”.

Advertiu que o conselleiro Javier Guerra “desapareceu” mentres a cúpula do Igape está imputada por unha suposta trama de intereses cruzados con empresas privadas. Advertiu que esta situación “non traslada precisamente a necesaria confianza e seguridade ao tecido socioeconómico de Galicia”.

Institucións e partido

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de utilizar as institucións “para solventar problemas internos do PP”. Dixo que o “paradigma da politización” é o nomeamento como presidenta do Consello Económico e Social da súa candidata á alcaldía de Vigo Corina Porro, que substitúe a Pablo Egerique e o catedrático de Mercantil Suárez Llanos, lonxe de conferirlle mais independencia política.

Idéntico sentido ten o nomeamento do deputado e concelleiro do PP de Vigo Ignacio López – Chaves como presidente da Autoridade Portuaria da cidade. Advertiu que mentres o tecido socioeconómico reclamaba o perfil técnico dun coñecedor da loxística do sector que impulsara a profesionalización do Porto, Feijóo nomea a un “perfil político fondamente ideoloxizado cun capital político reducido aos mojitos da Habana”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar