Losada reclama ao Goberno que se comprometa coa construcción do dique flotante de Navantia

Losada reclama ao Goberno que se comprometa coa construcción do dique flotante de Navantia

Losada reclama ao Goberno que se comprometa coa construcción do dique flotante de Navantia

O senador socialista pola Coruña, Javier Losada, reclamou ao Goberno que se comprometa coa construción do dique flotante de Navantia para asegurar o traballo dos estaleiros en Ferrol.

Losada pediu ao ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristobal Montoro, durante a sesión de control parlamentario da Cámara alta, que se comprometa con este proxecto coa mesma intensidade que o facía Alberto Núñez-Feijoo cando estaba na oposición e prometía que a Xunta asumiría o 50% do custo. O parlamentario do PSOE subliñou a necesidade desta obra para que Ferrol poida seguir sendo competitivo na reparación de grandes metaneiros, petroleiros e cargacontenedores que recala continuamente nos portos da Coruña e Ferrol.

Por iso, aclarou, "é necesaria a construción dun dique flotante coa que se conseguirían dous obxectivos. Primeiro, manter a carga de traballo nos próximos meses e outorgarlle maior competitividade á empresa".

O senador coruñés asegurou que os informes indican que este proxecto permitiría duplicar o número de barcos reparados e engadiu que non só mantería o número de postos de traballo (o 3,5% de toda a provincia) senón que se crearían entre 500 e 600 novos postos.

Javier Losada afirmou que Galicia e, en concreto, Ferrol o precisa para o seu desenvolvemento e para facer, xunto a Cádiz, unha Navantia máis competitiva e líder en reparacións. Por último pediu ao ministro que recapacite e que faga caso ao sentir da empresa e de todos os galegos e galegas e pediulle que non lle contestase con armas do pasado, con herdanzas recibidas, xa que Ferrol só desexa "mirar de cara ao futuro".

Losada aproveitou a súa intervención para reivindicar a xestión do Goberno socialista, que mantivo a carga de traballo que permitiu garantir os postos de traballo durante oito anos. Neste sentido, recordou que a anterior administración garantiu o traballo e conseguiu que o sector da reparación Navantia-Ferrol fose líder en reparacións gasísticas.

Pola súa banda, o Ministro Montoro non se comprometeu á construción do Dique Flotante e non deu ningunha esperanza con respecto á solicitude desta infraestrutura que foi reclamada polo Parlamento galego, de forma unánime, durante a súa última sesión.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar