Losada reclama a Montoro "datas, presupostos e prazos" para a carga de traballo en Navantia-Ferrol

Losada reclama a Montoro "datas, presupostos e prazos" para a carga de traballo en Navantia-Ferrol

Losada reclama a Montoro "datas, presupostos e prazos" para a carga de traballo en Navantia-Ferrol

O senador pola Coruña recorda que xustamente, a semana pasada o Partido Popular votou en contra dunha emenda do PSOE que garantía carga de traballo para dous anos

Losada mostrou o seu desexo de que, polo ben de Ferrol, Navantia consiga gañar o concurso internacional convocado por Pemex

O senador socialista pola Coruña, Javier Losada, reclamou, esta tarde na sesión de control parlamentario da Cámara Alta, ao Ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro "datas presuposto e prazos" para o dique flotante, para os remolcadores, para os gaseiros e para o Plan de empresa de Navantia-Ferrol.

A continuación, Losada recordoulle ao Ministro todos os compromisos incumpridos polo Executivo do PP. O máis recente, a negativa a aprobar unha emenda no debate dos Presupostos para 2014 que permitiría a construción do dique flotante e carga de traballo para dous anos. "Agora, puntualizou, todo queda á tensa espera de que Navantia gañe o concurso internacional convocado por Pemex".

O senador galego subliñou que a mentira relativa á existencia dun contrato no ano 2012 levou a case un ano de incerteza para os traballadores e as súas familias. Javier Losada recoñeceu que esperaba que gañase o concurso aínda que, durante a súa intervención, demostrou que o Goberno xa dera por realizado o devandito contrato nunha resposta oficial en outubro de 2012.

Non obstante, Losada remarcou que "agora temos que esperar a que o 30 de decembro se resolva o que non era un contrato senón un concurso".

Pola súa banda, o ministro Montoro pediu, unha vez máis, confianza á espera de próximas noticias. O senador Losada replicou que "dende a última vez que dixera o mesmo, se perderan máis de 2.000 empregos no sector da construción naval en Ferrol e Ferrol merece un futuro mellor".

Por último, o parlamentario do PSOE mostrou o seu desexo de que, polo ben de Ferrol, Navantia consiga gañar o concurso internacional convocado por Pemex.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar