Losada reclama a mobilización de 655 millóns de gastos superfluos para garantir servizos públicos e reactivar a economía

Losada reclama a mobilización de 655 millóns de gastos superfluos para garantir servizos públicos e reactivar a economía

Losada reclama a mobilización de 655 millóns de gastos superfluos para garantir servizos públicos e reactivar a economía

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada presentou as emendas parciais do PSdeG-PSOE ao estado de gastos aos orzamentos da Xunta para o ano 2012. Losada reclamou a mobilización de 655 millóns de euros, que se detraen de gastos superfluos, e apuntou que as emendas socialistas apostan pola defensa dos servicios públicos e a reactivación económica e o emprego.

Lamentou o rexeitamento do PP da emenda transversal socialista aos orzamento da Xunta. Losada dixo que as contas de Feijoo “apostan polos recortes sociais” e denunciou a súa “incapacidade a prol da reactivación económica e do emprego na nosa Comunidade”.

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista afirmou que os orzamentos da Xunta para o ano 2012 “consolidan recortes, propón peores servicios públicos, renuncia a loitar contra o desemprego, reduce os recursos para a modernización económica de Galicia”, e criticou tamén “que crecen os gastos financeiros e o endebedamento da Comunidade Autónoma”.

Explicou que os capítulos nos que se reducen os gastos para captar eses 655 millóns de euros son partidas adicadas “a publicidade e propaganda, gastos diversos, gastos de persoal eventual de gabinete, estudios e traballos técnicos, investimentos de caracter inmaterial e de axudas subvencións e convenios”.

A maiores citou a partida de transferencias de capital que ten asignado 25 millóns de euros, dependente do Igape , reclama que se redistribúa, xunto co fondo de continxencias do Sergas.

Mais polo miúdo, Losada destacou as propostas do PSdeG-PSOE. Reclamou un Plan de reforzo contra o fraude fiscal “xa que nun momento de dificultades económicas, con recursos limitados, loitar contra o fraude ten que ser unha das vias de incremento dos recursos”. E criticou a postura do PP “que actúa sempre sobre o teito de gasto e nunca desenvolve iniciativas para elevar o teito de ingresos”, algo que permitiría elevar o teito de gasto sen aumentar o déficit.

O parlamentario pide tamén axudas medio ambientais para os concellos de Galicia, e lembrou a situación de crise que viven os concellos da nosa Comunidade. Reclama axudas a sectores productivos e industriais, e denunciou a discrecionalidade sobre o Igape. Dixo que o escenario que se debuxa “é de desconfianza”, en alusión a subvencións a familiares directos do Igape, algo que cualificou como “intolerable”.

Sanidade estrictamente publica

Losada tamén aludiu ás emendas de educación donde o PSdeG-PSOE propón reforzar as areas con mais dificultades “axudas as Anpas, incrementar as becas para os desempregados e a loita contra o fracaso escolar”. No que se refire a sanidade pide unha mellora dos centos hospitalarios e dos centros de saúde “garantizando o servicio estrictamente publico”, insistiu.

Datos económicos dramáticos

Para as políticas de emprego o portavoz socialista apuntou que “queda moito por facer por parte do Goberno de Feijoo”, nese senso pide medidas, plans e programas para acadar experiencia laboral e formación “para os mozos e mozas, mulleres e os parados de longa duración, con itinerarios personalizados de inserción”. E aludiu aos “dramáticos” datos económicos deste ultimo mes.

Polo que atinxe as propostas para Medio Rural demanda a creación dun grupo lácteo galego, sinalou que “o mercado non resolve os problemas do sector”, como esgrimía o Conselleiro de Medio Rural, e subliña que as súas políticas dan como resultado “o peche de explotacións agrarias e o desequilibrio social e territorial”. Pide tamén a revalorización económica do monte e a loita contra os efectos dos lumes.

Seguro de accidentes do mar e de mal tempo

No sector pesqueiro Losada reintroduce nestas emendas “o seguro colectivos de accidentes e o seguro de mal tempo”.

Por ultimo Losada anunciou que rexistrou no Parlamento unha solicitude de comparecencia do Presidente da Xunta, que será tratada na vindeira Xunta de Portavoces do mércores día 7 de decembro, para esixir explicacións sobre a grave e intolerable e escandalosa situación do IGAPE.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar