Losada reclama a Feijoo "un exercicio de responsabilidade" para aceptar a comparecencia pola xestión da crise

Losada reclama a Feijoo "un exercicio de responsabilidade" para aceptar a comparecencia pola xestión da crise

Losada reclama a Feijoo "un exercicio de responsabilidade" para aceptar a comparecencia pola xestión da crise

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamou un “exercicio de responsabilidade” por parte do presidente da Xunta e do PP para aceptar a comparecencia de Feijóo pola xestión da crise socioeconómica. Esta comparecencia será debatida na Deputación Permanente que se celebrará o próximo martes, 19 de xullo, no Parlamento de Galicia, a solicitude dos socialistas.

Losada reclama un Pleno extraordinario no que Feijóo dea conta das medidas para loitar contra a crise económico – social de Galicia e “co obxectivo principal de paliar a grave situación de desemprego” que afecta aos galegos e galegas. Reclamoulle que sexa “consecuente” coas súas declaracións cando dende a oposición aseguraba que “o goberno autonómico non pode irse de vacacións porque a crise non se vai ir de vacacións”.

Dixo que o presidente da Xunta ten a “responsabilidade moral e política” de render contas diante da Cámara autonómica logo de que Galicia sufrira un “empeoramento neto” da súa situación socioeconómica dende a chegada de Feijóo á presidencia da Xunta. Nesta etapa, sinalou, o paro ten aumentado en 64.000 persoas, cun comportamento “o dobre de peor que para o resto de España en termos relativos”.

Ademais, existe un aumento do 56 por cento do número de fogares que teñen a tódolos seus membros en situación de desemprego –ata un total de 70.000-, o número de afiliados á Seguridade Social descendeu en 28.000 no último ano, o dobre que o conxunto das autonomías. Ademais, o número de ocupados descendeu en 88.000 persoas, un 7,5 por cento menos, 3 puntos menos que a media do Estado.

Sinalou que a produción industrial descendeu no que vai de ano nun 3,8 por cento, mentres en España aumenta un 1,2 por cento, e a licitación de obra pública por parte da Xunta de Galicia é, con moito, a menor dos últimos anos, cun descenso do 50 por cento. Mentres, a débeda pública galega aumentou nun 60 por cento, ata acadar os 6.176 millóns de euros.

A estes datos súmase o deterioro das políticas sociais básicas, que afecta á sanidade, a educación ou a dependencia, na que Galicia segue a aumentar mes a mes o número de persoas en espera de ser atendidas pola Xunta, acadando xa as 53.175.

Incendios

Os socialistas reclaman tamén que este Pleno extraordinario inclúa tamén a comparecencia do conselleiro de Medio Rural para dar conta da campaña contra os incendios forestais e a “falla de medidas preventivas e de medios por parte da Xunta de Galicia”. Denunciou así a “irresponsabilidade e mala xestión do Goberno galego en relación coa xestión da loita contra incendios forestais”.

Esta situación levou a unha “quebra no sistema de protección de lumes de Galicia, constatando a situación de soidade na que se atopan os concellos e a indefensión dos galegos e galegas diante dos lumes”, só atendidos grazas ao esforzo do Goberno central e os seus efectivos da UME, así como ao empeño das forzas e corpos de seguridade.

Lembrou que “en moitos dos incendios que se produciron non chegou ninguén da Xunta, e tiveron que ser os propios veciños e veciñas, xunto cos medios dos concellos, os que apagaran o lume”.

Esta situación prodúcese logo de que os fondos en materia de xestión forestal e prevención de incendios sufriran recortes por importe de 22 millóns de euros, mentres o goberno autonómico deixara de gastar 28 millóns na ordenación das producións forestais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar