Losada reclama a Feijóo que priorice a dinamización económica e creación de emprego para garantir os servizos públicos

Losada reclama a Feijóo que priorice a dinamización económica e creación de emprego para garantir os servizos públicos

Losada reclama a Feijóo que priorice a dinamización económica e creación de emprego para garantir os servizos públicos

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle hoxe a Feijóo que priorice as medidas dirixidas á dinamización económica e da creación de emprego, que constitúen “o principal mecanismo de sostibilidade e eficacia dos servizos públicos. Criticou os “vaivéns” do presidente da Xunta, que hoxe apoia os créditos do ICO que en xullo cualificaba de “broma”.

O responsable socialista fixo unha valoración do Consello de Política Fiscal e Financeira –CPFF- de onte e acusou a Feijóo de antepoñer os intereses do seu partido aos intereses de Galicia. Explicou que a Comunidade Autónoma non ten realmente un “problema obxectivo inmediato de liquidez” senón que, dixo, quen ten problema para acadar liquidez “son os cidadáns” pola falla de traballo e de créditos.

Explicou que as medidas aprobadas onte “forman parte dun bloque único” xunto co decreto de 30 de decembro para subir o IRPF. Explicou que “os ingresos van ir ao Estado, que percibirá a contía do aumento de impostos”, que suporán unha caída na actividade económica en termos de recadación estimada no 1 por cento do PIB, a cal recaerá sobre as comunidades autónomas.

Fondos condicionados

Losada sinalou que o presidente da Xunta “non pode en ningún caso aplaudir o que criticou fai 6 meses” e tampouco pode “aplaudir unhas medidas que poden ser a solución de algunhas Comunidades Autónomas” e non de Galicia. Neste sentido, puntualizou que “non vaia ser que os galegos teñamos agora que pagar o aeroporto de Castellón ou a estatua do señor Fabra”.

Explicou tamén que estes fondos “se teñen que devolver” xa que forman parte de fondos “condicionados a serios axustes que van comprometer severamente os servizos públicos esenciais”. Polo tanto, concluíu, “o que ten é que centrarse nas medidas de reactivación económica e de creación de emprego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar