Losada reclama a Feijóo “contar a verdade” sobre a ocultación de déficit nas contas de Galicia

Losada reclama a Feijóo “contar a verdade” sobre a ocultación de déficit nas contas de Galicia

Losada reclama a Feijóo “contar a verdade” sobre a ocultación de déficit nas contas de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia e candidato por Pontevedra , Abel Losada, reclamoulle a Feijóo “contar a verdade” sobre a ocultación de déficit nas contas de Galicia, tal e como ven de evidenciar o Consello de Contas. Así o dixo hoxe dende Vigo, onde realizou un percorrido polo centro da cidade para repartir propaganda electoral.

Neste sentido, instou a Fejióo a “darlle aos galegos explicacións convincentes sobre a situación das contas de Galicia”, e afirmou que o candidato do PP “chegou á Xunta subido na mentira e na propaganda e gobernou tres anos e medio sobre o mesmo parámetro”. Tal e como dixo, “agora os datos revelan que o único aspecto da súa xestión pretendidamente favorable: a saúde financeira de Galicia, é simplemente falso”.

Losada explicou que os socialistas denunciaron durante toda a lexislatura “que non nos saían as contas e que había desfases orzamentarios importantes”. Esta crítica conta agora cos avais do Informe do Consello de Contas, que mostra que de 2010 a 2011 se trasladaron facturas por valor 411 millóns de euros ou o informe sobre o Sergas que constata o traslado de 80 millóns de 2009 a 2010.

Trátase, dixo, dun “artificio contable que agocha os fondos do déficit para que Feijóo poida vender a imaxe de bo xestor”, unha “mentira” do déficit que se suma a outro “mantra, tamén falso,” do PP, de que Galicia é a comunidade máis solvente de España. Asegurou que esta afirmación “é falsa en termos de débeda en relación ao PIB, aos habitantes ou aos ratings das axencias de cualificación”, e esixiulle a Feijóo que explique a situación real, “máis aló dos platós publicitarios”.

O candidato socialista apuntou que os datos do primeiro semestre deste ano amosan que o déficit en Galicia é o dobre que a media do resto de España (1,1%, na nosa Comunidade e 0,55% no resto das comunidades) e o gasto do primeiro semestre respecto do ano anterior en España baixou no conxunto das comunidades nun 7,95%, mentres que en Galicia medrou nun 2,7%.

Fronte a esta situación, subliñou, o programa electoral do PP “segue a falar da teoría neoliberal do déficit 0, o que supón máis recortes, máis problemas sociais, máis desemprego e unha sociedade máis inxusta”. Os socialistas, concluíu, “reclamamos explicacións sobre a mentira a sobre unha ideoloxía que nos condena a ser cada vez máis pobres”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar