Losada preguntará ao Goberno se ten un plan para garantir a carga de traballo en Navantia

Losada preguntará ao Goberno se ten un plan para garantir a carga de traballo en Navantia

Losada preguntará ao Goberno se ten un plan para garantir a carga de traballo en Navantia

O senador socialista pola Coruña, Javier Losada, mostrou a súa preocupación polo futuro da planta Navantia- Ferrol e formulará unha pregunta ao respecto ao Goberno, ante o Pleno da Cámara Alta, o próximo mércores, día 12.

Na devandita consulta, Losada preguntará ao Executivo se a SEPI ten deseñado un plan de empresa destinado a garantir a carga de traballo e o equipo de traballadores en Navantia-Ferrol.

O parlamentario do PSOE subliñou a situación crítica que vive o estaleiro e apostou por elaborar un proxecto de presente e futuro para a empresa no que se debe priorizar a construción dun dique flotante para asegurar a carga de traballo.

Javier Losada destacou a importancia do sector naval para a economía da cidade e criticou a xestión do Partido Popular e a súa "desidia á hora de tomar decisións".

Losada xa realizou unha pregunta similar no Pleno da Cámara Alta o pasado mes de marzo e afirmou, entón, que "o Goberno debe comprometerse con Ferrol" construíndo o citado dique flotante, xa que "esta infraestrutura dará a carga de traballo hoxe inexistente".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar