Losada pon en dúbida que o contrato en proba dun ano de duración xere estabilidade e garantía aos mozos traballadores

Losada pon en dúbida que o contrato en proba dun ano de duración xere estabilidade e garantía aos mozos traballadores

Losada pon en dúbida que o contrato en proba dun ano de duración xere estabilidade e garantía aos mozos traballadores

O senador socialista pola Coruña asegura que a reforma laboral impulsada polo Goberno fomenta a temporalidade laboral dos mozos

O senador socialista pola Coruña, Javier Losada, preguntará ao Goberno se considera que o contrato en proba dun ano de duración xera estabilidade e garantía aos mozos traballadores.

Losada formulará esta pregunta ao Executivo o vindeiro martes, día 24, ante o Pleno da Cámara, durante a habitual sesión de control ao Goberno que ten lugar no Senado.

O parlamentario do PSOE explicou que os mozos do noso país son os máis afectados o problema da temporalidade laboral e engadiu que é sumamente complicado acceder hoxe en día a un contrato indefinido.

Neste sentido, criticou a reforma laboral impulsada polo Goberno e apuntou que, entre outras cousas, fomenta o contrato a tempo parcial.

Javier Losada explicou que o denominado contrato indefinido para PEMES establece un período dun ano de proba ao novo contratado. Durante este primeiro ano, aclarou, o empresario poderá despedir ao empregado sen ningún tipo de custo e sen previo aviso, se así o desexa. "Trátase, concluíu, dun contrato temporal máis pero sen dereito á indemnización".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar