Losada pide habilitar o mes de xullo para desenvolver o traballo parlamentario pendente

Losada pide habilitar o mes de xullo para desenvolver o traballo parlamentario pendente

Losada pide habilitar o mes de xullo para desenvolver o traballo parlamentario pendente

O portavoz do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Abel Losada, pediu á presidencia do Parlamento habilitar o mes de xullo para desenvolver o traballo relativo aos proxectos e proposicións de lei pendentes tras o período ordinario de sesións.

Losada lembrou que a habilitación do mes de xullo permitiría axilizar a tramitación de tres proxectos de lei pendentes –o de Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, o da Area Metropolitana de Vigo e o de Mobilidade de Terras- e da Proposición de Lei dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia.

Losada sinalou que “estes proxectos e proposición están en distintas fases de elaboración, pero todos eles en condición de traballar neles neste mes” e apuntou que a habilitación do mes de xullo sería ademais “unha sinal á cidadanía do noso compromiso co desenvolvemento lexislativo e de que as institucións continúan a funcionar nun momento de especial dificultade”.

Destacou ademais a importancia de axilizar o seu desenvolvemento “tendo en conta que este período de sesións “foi especialmente parco na aprobación de proxectos e proposicións de Lei”, xa que só se aprobaron a Lei Reguladora do Consello Galego da Competencia, a Lei de Disciplina Orzamentaria, a Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa e a Lei de Familia.

“Foron tantos os proxectos de lei aprobados no período de sesións como os que quedan agora pendentes”, abundou Losada, á vez que lembrou que a habilitación do mes de xullo xa se leva a cabo no Congreso e no Senado “ambos con presidentes socialistas”.

Losada destacou que “a habilitación sería ademais un indicativo para o Goberno Galego, que está desaparecido en políticas activas de emprego e en reactivación económica”. Como mostra disto sinalou que a licitación de obra pública en Galicia no primeiro semestre deste ano ascende a 230 millóns de euros, o que supón unha caída do 63 por cento con respecto aos seis primeiros meses do pasado ano.

O portavoz socialista subliñou que a licitación de obra pública é un indicador do cumprimento do Goberno galego dos orzamentos e dos proxectos, e sinalou que “é difícil de entender unha caída deste tamaño, tendo en conta ademais que os fondos dispoñibles da Comunidade Autónoma non sufriron este descenso, e que incluso se produciu un leve incremento de recadación fiscal”.

“Só hai dúas explicacións para unha diminución tan forte da licitación de obra pública: ou ben a incompetencia do Goberno galeo ou ben unha estratexia política deliberada de desaparición do público do ámbito político”.

Lumes
Preguntado respecto ao operativo contra os lumes do Goberno galego, Losada enmarcou a falla de actuacións en políticas forestais e de prevención de lumes do Goberno galego na “orientación ideolóxica do conselleiro, que nada máis tomar posesión xa dixo que a dinámica de mercado marcaba as liñas de funcionamento da súa Consellería”. “A prevención de lumes escapa deses intereses do mercado, e por elo está tomando esta cuestión con tanta calma”, afirmou o portavoz socialista.

Destacou que fronte á negativa do Goberno galego de adiantar o dispositivo contra os lumes, “esta fin de semana vimos como os medios do Goberno central tiveron que colaborar na extinción dos incendios que se produciron en Galicia”. “Mentres, o conselleiro di que non pasa nada e que hai que tomalo con calma”, criticou.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar