Losada: "Os tres anos de goberno de Feijóo resúmense en incompetencia e conformismo"

Losada: "Os tres anos de goberno de Feijóo resúmense en incompetencia e conformismo"

Losada: "Os tres anos de goberno de Feijóo resúmense en incompetencia e conformismo"

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada, denunciou que “os tres anos que Feijóo leva ao fronte do Goberno galego pódense cualificar e resumir en incompetencia máis conformismo”.

Fixo esta afirmación nunha rolda de prensa en Vigo, onde fixo referencia ás declaracións feitas polo presidente da Xunta este fin de semana, e advertiu que “o único que amosan é a súa capacidade para constatar unha situación económica moi difícil, a súa incapacidade para solucionala e a súa estratexia de antepoñer os intereses partidarios ante os intereses dos galegos”.

Neste senso Losada reiterou que “Feijoo coa súa incompetencia, co seu inconformismo e con moita ideoloxía está conseguindo que a sociedade galega este cada vez máis desequilibrada e máis segmentada”

O portavoz parlamentario acusou a Feijoo de “absoluta falta de sensibilidade política e absoluta falta de solución aos problemas dos galegos cando afirma que a situación de desemprego en Galicia é moi mala, pero sen embargo a caída é menor que no resto de España” e advertiulle que “isto non é tal consolo para os cidadáns que teñen problemas económicos e sociais”

Neste senso Losada dixo que o presidente da Xu

nta “ensombrece toda vía máis o panorama socio económico cando asegura que a economía galega caerá un 1,5% e que continuará medrando o desemprego, sen ser capaz de aporta ningunha solución, e polo tanto xerando desconfianza nos cidadáns e nos empresarios “

Ademais o responsable socialista lembroulle a Feijoo que “en 2011 medrando a economía un 0,5% en Galicia houbo case 35.000 parados máis”, por isto esixiulle que “faga público o escenario macroeconómico galego cun descenso do PIB do 1,5%” e asentiu que “lamentablemente moito nos tememos que o escenario vai ser un aumento de desemprego e dunha crecente polarización social”.

Losada sinalou que “ante este panorama económico a Xunta, unha vez máis, volve a lanza elementos de distracción para enmascarar a súa incompetencia anunciando
unha futura lei de integración social, da cal no Parlamento non temos coñecemento algún”.

Nese senso, a portavoz parlamentario afirmou que “do que si temos constancia e de que os recortes levados a cabo pola Xunta de Galicia foron durísimos. Recortouse dun xeito inmisericorde nos segmentos sociais máis afectados pola crise”

Deste xeito, Losada puxo como exemplo “as reducións nos programas de inclusión social, nos programas para as persoas sen teito, nas casas de acollida para enfermo de VHI. ademais da redución dun 80% do Plan Concertado dos concellos”. En definitiva, toda unha batería de recortes feitos por onde máis lle gusta recortar a dereita, polos eslavóns máis débiles da sociedade”, concluíu o socialista.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar