Losada: “Os orzamentos da Xunta renuncian á reactivación económica e provocan un recorte espectacular das políticas sociais”

Losada: “Os orzamentos da Xunta renuncian á reactivación económica e provocan un  recorte espectacular das políticas sociais”

Losada: “Os orzamentos da Xunta renuncian á reactivación económica e provocan un recorte espectacular das políticas sociais”

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que os orzamentos da Xunta para 2012 renuncian á reactivación económica e á creación de emprego e provocan un “recorte espectacular” das políticas sociais. Criticou o “rodillo” do PP, que aprobou hoxe en solitario os orzamentos da Xunta aprobando tan só sete emendas das 478 presentadas polos socialistas.

O responsable socialista criticou que “deixa sen expectativas ou futuro para unha familia cos seus membros en paro ou para unha persoa sen ingresos” á que “non ofrecen alternativa, só agravan a súa angustia”. Así, explicou o voto en contra dos socialistas a estes orzamentos que “o único que ofrecen é o que estamos vendo en Galicia tódolos días, que é cómo medran os servizos de caridade”.

Losada dixo que a “implacable maioría absoluta do PP” aprobou hoxe uns orzamentos que “renuncian a propoñer solucións para ningún dos graves problemas de Galicia” mentres desbotan as propostas “construtivas e coherentes” dos socialistas para reactivar a economía.

Explicou que “a contraparte desta crise económica obxectiva é a debilidade dos servizos públicos”, como educación, sanidade, servizos sociais ou dependencia, e consagra a "política de recortes e da privatización pola porta de atrás”. Denunciou que este é o “lamentable escenario” consolidado polos orzamentos para é “abrir fendas polas que o sector privado entre en ámbitos nos que hai negocio”.

Os socialistas galegos mantiveron hoxe a “man tendida” para traballar e “corresponsabilizarnos” na loita contra a crise económica e a favor da creación de emprego. Losada mantívose “aberto ao diálogo e á cooperación co goberno” para unha “imprescindible busca de solucións”.

Sen alternativas

O responsable socialista criticou que estes orzamentos “non ofrecen ningunha alternativa” para os 253.000 parados rexistrados en Galicia, dos que 65.000 son “mozos e mozas que simbolizan a perda de capital humano e o empeoramento das condicións sociais e económicas”.

Lembrou que actualmente o 20 por cento da poboación está por debaixo do nivel da pobreza, 60.000 persoas viven en fogares sen ningún ingreso e 60.000 fogares teñen a tódolos membros en paro.

Mentres, dixo, o principal organismo para a reactivación económica do goberno galego, o Igape, “demóstrase incapaz de xerar confianza nos inversores e demóstrase como un instrumento absolutamente inútil”. Dixo que o ente “queda nestes orzamentos descabezado política e orzamentariamente” logo da dimisión dos seus directivos imputados por presunta corrupción e coa redución dos seus orzamentos á metade.

O responsable socialista acusou a Feijóo de vulnerar os seus propios compromisos de investidura e o Plan Estratéxico 2010-2014, condenando ao incremento do paro ou establecendo rebaixas xeneralizadas nos servizos públicos. Advertiu que fronte ao compromiso de adoptar “medidas proactivas de reactivación económica”, Feijóo “literalmente pulverizou o Igape”.

Engadiu que a Xunta teña aprobado uns orzamentos “sen unha soa obra nova” de infraestruturas para Galicia, mentres duplica a débeda de Galicia, con 3.000 millóns de euros mais en dous anos e medio “sen contar coas colaboracións público – privadas”, e “paraliza a innovación e a formación de capital humano de alta cualificación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar