Losada: "Os nomeamentos de Currás e Farjas constatan a folla de ruta privatizadora do Goberno de Rajoy"

Losada: "Os nomeamentos de Currás e Farjas constatan a folla de ruta privatizadora do Goberno de Rajoy"

Losada: "Os nomeamentos de Currás e Farjas constatan a folla de ruta privatizadora do Goberno de Rajoy"

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada valorou hoxe os nomeamentos das Conselleiras de Sanidade e Facenda do Goberno de Feijoo. Dixo que “constatan” a folla de ruta “privatizadora e conservadora” do Goberno de Mariano Rajoy.

Sobre a Conselleira de Facenda sinalou que ten “unha visión política tecnocrática, fría e de axustes cuantitativos”. E advirte ademais que “non ten en conta as repercusións sociais das medidas restrictivas que executa”. Asegura que non é capaz de entender “que a actividade e o gasto publico ten unha dimensión de crecemento económico e de loita contra o desemprego fundamental”. Por iso lamenta que Fernández Currás “non teña esa visión”.

Losada afirma que Fernández Currás ten no seu debe “unha fusión das caixas absolutamente fracasada, e a nosa Comunidade conta cun endebedamento crecente de 3 mil millóns de euros, que a día de hoxe seguimos sen saber a que se dedicaron”.

O portavoz lembrou ademais que Fernández Currás vai ter un “conflicto de competencias”, xa que a Xunta reclama do Goberno do Estado 805 millóns da financiación autonómica, e onte mesmo anunciou un recurso contencioso administrativo sobre a devolución de 600 millóns de euros. Por iso advertiu “estamos seguros que cando asuma as súas responsabilidades do Goberno de España resolvera estes asuntos favorablemente para Galicia”.

Sobre a Conselleira Pilar Farjas advirte que “é unha abandeirada da privatización da sanidade, xa que non cree na sanidade publica, universal e gratuíta”. Subliña ademais que ten un enfoque da mesma “ estrictamente asistencialista e de beneficencia, limando a calidade da sanidade publica e abrindo a porta a privatización e ao negocio en torno ao sistema sanitario público”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar