Losada: “Os dous anos de Goberno de Feijoo dan como resultado o desmantelamento do sistema financeiro galego”

Losada: “Os dous anos de Goberno de Feijoo dan como resultado o desmantelamento do sistema financeiro galego”

Losada: “Os dous anos de Goberno de Feijoo dan como resultado o desmantelamento do sistema financeiro galego”

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada valorou hoxe a fusión das dúas entidades bancarias, Banco Pastor e Banco Popular. Loasada dixo que en mais de dous anos de Goberno Feijoo en Galicia, deu como resultado o desmantelamento do sistema financeiro galego.

Losada sinala que “respectando a decisión dunha entidade privada como o Banco Pastor”, pídelle ao Presidente Feijoo “que sexa capaz de prantexar alternativas viables e de futuro que amortiguen a literal desaparición do tecido financeiro da Comunidade Autónoma”.

O dirixente socialista sinala que despois da problemática que vai supor a practica desaparición da Obra Social das Caixas, reducida a un magro 7% da entidade NCG-BANK en mans da Fundación Nova Caixa Galicia, advirte que a perda do control da Fundación Barrie “é un golpe definitivo ás políticas sociais e culturais que se viñan desenvolvendo na Comunidade Autonómica”.

O portavoz empraza ao executivo autonómico “a poñer enriba da mesa solucións e compensacións, nos dous ámbitos, por un lado no que atinxe a financiacion da actividade económica, e por outro as políticas sociais e culturais da Comunidade”. Pero insistiu nas súas críticas “lamentablemente nada desto se esta facendo”.

Neste punto lembra que “o IGAPE permanece nunha situación de practica parálise, e a política cultural limitase a operacións de marketing en torno á Cidade da Cultura, e no que atinxe a Consellería de Benestar Social nin esta nin se lle espera”, espetou.

Unha mala noticia

Así as cousas Losada replica que xunto “coa practica desaparición do Goberno de Feijoo únese tamén a perda de instrumentos financeiros estratéxicos, e a practica desaparicións de fundacións sociais e culturais relevantes”. En definitiva “unha mala noticia para Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar