Losada: "Os datos do PIB evidencian o frenazo de Feijóo en actividade económica e creación de emprego"

Losada: "Os datos do PIB evidencian o frenazo de Feijóo en actividade económica e creación de emprego"

Losada: "Os datos do PIB evidencian o frenazo de Feijóo en actividade económica e creación de emprego"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que os últimos datos do PIB evidencian o “frenazo Feijóo” na actividade económica e a creación de emprego en Galicia. Dixo que mentres a Xunta augura un crecemento superior á media estatal, no último ano o PIB galego creceu só un 0,6 por cento, dúas décimas menos que o 0,8 do conxunto de España.

O responsable socialista advertiu que con estes datos, as previsións orzamentarias da Xunta, baseadas nun crecemento tres décimas superior á media, son “pura fantasía”. Sinalou neste sentido que estes datos, que evidencian que Galicia crece menos que o resto do Estado e “continúa perdendo posicións ten termos de actividade económica por mor da falla de iniciativa da actividade económica da Xunta de Galicia”.

Losada dixo que “lamentablemente para tódolos galegos e galegas, o que ía ser o milagre Feijóo, converteuse no frenazo Feijóo” xa que, con el no goberno galego, “a economía de Galicia continúa a perder posicións fronte á economía española”. Pregunta así si, en base a estes datos, o PP continúa afirmando que ten solucións para a economía española.

O portavoz socialista sinala que esta desaceleración en relación ao conxunto do Estado chega “no momento de peores datos dos últimos anos” o que significa “unha perda superior da actividade para Galicia que para España” e que supón “unha continua destrución de emprego, tamén superior que no conxunto de España”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar