Abel Losada: "O discurso extremadamente conservador de Feijóo anticipa crecemento do paro e ralentización da economía"

Abel Losada: "O discurso extremadamente conservador de Feijóo anticipa crecemento do paro e ralentización da economía"

Abel Losada: "O discurso extremadamente conservador de Feijóo anticipa crecemento do paro e ralentización da economía"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo que a intervención de Feijóo no debate do Estado da Autonomía supón o “recoñecemento do seu fracaso político durante tres anos”. Dixo que o presidente da Xunta ofrece un discurso “extremadamente conservador” que suporá “crecemento do paro, ralentiza a actividade económica e deixa na cuneta aos máis necesitados”.

Advertiu que o presidente da Xunta realizou unha intervención “autocomplacente” coa que “persevera no erro” que levou ao “fracaso no ámbito da actividade económica, o emprego e os servizos públicos”. Pola contr

a, Feijóo defende a “ortodoxia fiscal do neoliberalismo radical” a e non contempla o incremento de ingresos aumentando os impostos para os máis adiñeirados.

Losada explicou que utilizar a crise económica para impulsar a privatización dos servizos públicos supón debilitar o Estado do Benestar e prexudicar ás persoas que máis necesitan das prestacións sociais. Criticou que, en lugar de buscar fondos para os máis afectados polas dificultades económicas, o presidente da Xunta decide realizar un axuste “vía gastos” prexudicando aos servizos públicos.

Ademais, criticou que Feijóo presente como propostas para a reactivación económica a innovación e a internacionalización da economía “cando sabemos cómo foi a súa xestión nestes ámbitos”. Lembrou a privatización do departamento de internacionalización do Igape para entregárllelo á CEG e “sabemos a absoluta carencia dunha liña política sólida nos temas de innovación e da súa traslación á actividade empresarial”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar