Losada lembra a Rajoy que o "modelo Feijóo" fixo que Galicia duplicara en dous anos a taxa de crecemento do paro de España

Losada lembra a Rajoy que o "modelo Feijóo" fixo que Galicia duplicara en dous anos a taxa de crecemento do paro de España

Losada lembra a Rajoy que o "modelo Feijóo" fixo que Galicia duplicara en dous anos a taxa de crecemento do paro de España

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, lembroulle a Rajoy que o “modelo Feijóo” que aplicaría en todo o Estado fixo que Galicia duplicara en dous anos a taxa de crecemento do paro de España. Losada reclamou a comparecencia do presidente da Xunta para explicar as súas medidas contra a crise, que será debatida na Deputación Permanente de mañá.

Losada reclamoulle que “pense moito” defender o devandito “modelo Feijóo” xa que incrementou as listas do desemprego de Galicia en 65.000 persoas, ademais de reducir o número de ocupados en case 90.000, tamén o dobre que no resto do Estado. Ademais, engadiu que en só dous anos aumentaron un 50 por cento os fogares con tódolos seus membros desempregados, ata un total de 70.000 en toda Galicia.

Dixo que “ou ben lle enganan ou minte deliberadamente” xa que este modelo foi o mesmo que reduciu o diferencial de PIB co resto do Estado dende o 0,8 por cento positivo en 2008 ata o 0,6 en 2009, o 0,2 en 2010 e que xa desapareceu no primeiro trimestre de 2011. Sinalou que o informe do BBVA sobre crecemento económico Galicia estará en penúltimo lugar do Estado en 2011 e último en 2012.

Por este motivo, logo de escoitar o anuncio do líder do PP de que supostamente ten a fórmula contra o paro pediulle “que llela conte a Feijóo para que a poida aplicar en Galicia”. Advertiu sen embargo que as medidas que apuntou onte para poñer á construción na primeira liña de actividade e reducir o control e regulamentación suporán “tropezar dúas veces coa mesma pedra de Aznar que nos levou a esta crise”.

Tamén criticou que utilizara onte o balcón do Concello de Santiago para facer campaña electoral, e engadiu que “si quere face campaña que utilice o balcón de Génova –a sede do PP en Madrid- ou utilice a sede do PP en Santiago”.

Dar a cara

O responsable socialista dixo que Feijóo debe “dar a cara diante do Pleno do Parlamento” para explicar as súas medidas contra a crise económica e “deixe de agocharse detrás de declaracións grandilocuentes”. Dixo que os “bandazos” que ven dando o presidente da Xunta no que levamos de verán “introducen unha desconfianza e incerteza moi negativas no momento de crise como o que estamos a vivir”.

Así, lembrou que ao mesmo tempo que di que o PP solucionará a crise, tal e como Feijóo solucionaría o paro en 45 días, asegura que non aplicará o copago sanitario pero Rajoy si, incrementa impostos pola porta de atrás incrementando as valoracións dos inmobles para cobrar mais imposto de transmisións e ao mesmo tempo propón reducir os salarios e o tempo de traballo mentres replica o seu discurso da austeridade.

Sinalou que estas declaracións supoñen unha “inoportuna serpe de verán” que demostran que “para Feijóo Galicia é un medio e non un fin” xa que quere “utilizala en función dos intereses do PP e da súa carreira política particular”.

Deputación provincial

En resposta ás preguntas dos medios de comunicación, saudou o acto do PP en Pontevedra para falar das deputacións, xa que “é o sitio axeitado para falar do que non pode ser unha Deputación Provincial”. Dixo que tanto en Pontevedra como en Ourense o PP utiliza as deputacións como “paradigma de poñer as institucións ao servizo de intereses partidarios”.

Dixo ademais que, no caso de Ourense, onde o presidente Baltar quere legar a Deputación en mans do seu fillo, segue o exemplo de Castellón, na que o avó de Fabra xa fora presidente do organismo. Sinalou que “as dinastías hereditarias, salvo no caso das monarquías constitucionais, non defenden o interese público”.

Amosouse a favor de debater sobre a reforma das deputacións provinciais para garantir que cada competencia sexa aplicada por unha única administración, e lembrou que se trata de organismos que se remontan ao século XIX.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar