Losada lamenta a “autocomplacencia” da consellería de Industria, “que en 2013 deixou sen gastar o 45% do seu orzamento”

Losada lamenta a “autocomplacencia” da consellería de Industria, “que en 2013 deixou sen gastar o 45% do seu orzamento”

Losada lamenta a “autocomplacencia” da consellería de Industria, “que en 2013 deixou sen gastar o 45% do seu orzamento”

“Dos fondos que manexa o Igape, só executouse o ano pasado o 18,8%, asegura Abel Losada

Galicia perdeu en 2013 un total de 8.700 empregos industriais

Os socialistas galegos lamentan “o conformismo e a autocomplacencia” da Consellería de Industria, “que fala dun panorama de recuperación que non existe e o ano pasado deixou se executar o 45% do seu orzamento”.

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, repasou hoxe en rolda de prensa a execución orzamentaria do 2013. “Na intervención no pasado pleno, o conselleiro Francisco Conde falou dunha realidade pero as cifras oficiais indican outra cousa, o ano pasado deixou sen gastar 113,4 millóns de euros e cun 55,3% foi a execución máis baixa de todas as consellerías”.

No capítulo de Transferencias de capital, a execución foi do 47,2%, e do 30,5% nos programas de apoio á modernización, internacionalización e mellora da competitividade das empresas, deixando sen gastar 86,5 millóns de euros (a execución no ano 2008 foi do 93,5%).

Por último, no que se refire aos fondos que manexa o Igape, a execución en 2013 foi do 18,8% (18,5 de 98,8 millóns de euros). “Na execución do orzamento, falamos dunha responsabilidade que é 100% da Xunta, o Goberno ten que explicar a súa incompetencia aos galegos”, manifestou Losada.

“Temos un conselleiro de Industria que, como o que había antes del, son moi proactivos cando as cousas van ben, pero é agora cando teñen que actuar e non esperar de maneira pasiva a que os emprendedores e os empresarios veñan á Administración”, apuntou Losada.

E opinión do deputado socialista, “é a Xunta a que ten que buscar proxectos e arriscar con investimentos; a dereita sempre fala do risco, pero sempre do risco dos demais, estamos ante cifras de execución inexplicable que só explícanse pola desidia e a incompetencia deste Goberno”, apuntou Losada.

Na súa intervención ante os medios de comunicación, Losada lembrou que no 2013 Galicia perdeu 8.700 empregos industriais (a caída é do 28% nos últimos cinco anos). “A inacción da Xunta e os problemas para o financiamento bancario privado son un grave problema para as empresas galegas”, engadiu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar