Losada insta a Feijóo a aplicar o imposto de patrimonio para recadar 80 millóns adicionais e blindar servizos públicos

Losada insta a Feijóo a aplicar o imposto de patrimonio para recadar 80 millóns adicionais e blindar servizos públicos

Losada insta a Feijóo a aplicar o imposto de patrimonio para recadar 80 millóns adicionais e blindar servizos públicos

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, reclamou a Feijóo que aplique o imposto de Patrimonio sobre os maiores patrimonios para recadar así 80 millóns de euros nos próximos dous anos. Losada reclamoulle que destine estes ingresos adicionais á blindaxe dos servizos públicos e acusouno de “enganar” para facer recortes “ideoloxicamente”.

O responsable socialista criticou que o presidente da Xunta “limita os ingresos para xustificar recortes nos servizos públicos e deixar aberta a porta ás privatizacións” defendendo os intereses dos empresarios. Dixo que “traviste á realidade e engana aos cidadáns” xa que anuncia recortes “porque non hai fondos, pero ao mesmo tempo non busca fondos porque ideoloxicamente quere recortar”.

Losada reclamoulle a Feijóo que “axude a quen o necesita e se preocupe menos dos rentistas amigos do PP” xa que con 40 millóns de euros ao ano durante os próximos dous anos podería axudar ás 60.000 familias con tódolos membros en paro, aos 600.000 galegos e galegas en risco de pobreza, a contratar a 1.000 profesores ou subvencionar as cotizacións á Seguridade Social de 12.000 mozos e mozas.

Dixo que Galicia “pode recadar mais e elevar o teito de gasto” incrementando os ingresos e lembrou a proposta socialista na discusión dos orzamentos de 2011 de recadar 120 millóns modificando o imposto de sucesións, o de transmisións e actos xurídicos documentados e o IRPF para as rendas mais altas. Acusou ao PP de votar en contra de recadar mais tal e como agora se opoñen ao imposto de patrimonio.

Lamentou que o presidente da Xunta opte en contra por atacar este tributo con “escusas de mal pagador con argumentos de difícil entendemento”, ao sinalar que afectaría a 9.000 contribuíntes de “clase media”. Losada dixo que estas rendas corresponden ao 0,3 por cento da poboación galega e preguntou ironicamente que si estes son rendas medias qué considera o presidente da Xunta que son rendas altas.

Mentir

O portavoz do Grupo Socialista acusou ao presidente da Xunta de “ampararse na súa condición de presidente da Xunta para dicir cousas que son falsas” e sinalou que “minte cando dixo que os socialistas votábamos contra o teito de gasto ao mesmo tempo que o propoñiamos na proposta de reforma do Estatuto”.

Losada apuntou que “os socialistas opoñémonos ao teito de ingresos proposto polo PP cunha determinada estrutura fiscal” na que renuncian a incrementar a recadación para recortar así os servizos públicos. Engadiu que a reforma do Estatuto “non pode reflectir ningún teito de gasto” e recomendoulle ao presidente “unha lección ou dúas de facenda pública”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar