Losada: “Galicia é o laboratorio de formas dos recortes sociais do PP”

Losada: “Galicia é o laboratorio de formas dos  recortes sociais do PP”

Losada: “Galicia é o laboratorio de formas dos recortes sociais do PP”

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada denunciou a batería ideoloxíca económica do PP en Galicia e en España. Cualifica a folla de ruta dos populares de “absolutamente improcedente” no contexto actual. Dixo que “Galicia estase convertendo nun laboratorio de formas para vender a idea de que os servicios públicos non se poden manter senón é coa entrada de capital privado”. Dende o PSdeG rexeitamos esta estratexia xa que é enganosa e oculta a realidade do PP.

En rolda de prensa, explicou, que en épocas de dificultades económicas “o mito do superávit é un elemento absolutamente contraproducente”, e insistiu “cando simultaneamente se están producindo recortes nos servicios públicos e correlativamente ofrecendo amplas oportunidades de negocio ao sector privado”.

Losada tamén fixo alusión as declaracións do líder do PP Mariano Rajoy nas que asegurou “teremos o estado do benestar que podamos manter”, e criticou que ao mesmo tempo “demandan manter baixadas de impostos e manter un superávit orzamentario que solo pode ter un obxectivo, que non é outro que xustificar o desmantelamento dos servicios públicos básicos”.

O portavoz do PSdeG asegurou que o PP pon a venda antes que a ferida, xa que asegura que os populares están condenando aos sectores públicos a recortes e as diminucións das prestacións “o que significa mais dificultades, especialmente a aqueles cidadáns que teñan mais problemas para acceder aos servicios de caracter privado”. E proseguiu “cando mais reducen os servicios públicos mais incrementa o negocio dos prestadores privados dese servicio”.

Asevera que tras dous de Goberno Feijoo na nosa Comunidade, Galicia ten sido un laboratorio de probas para seguir esta liña política do que serán os novos gobernos do Partido Popular nas distintas comunidades e tamén no Goberno de España.

As oposicións de Feijoo

Losada lamentou as continuas oposicións ao Goberno de España que fai o Presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo. Di que son unhas oposicións “que aínda non están convocadas”, e ironizou “nosoutros pensamos que non se van a convocar porque o PP non vai a gañar as eleccións xerais”. O dirixente socialista afirma que Feijoo esta preparando concienzudamente as oposicións a Ministro de España cun discurso ultraliberal, no que os servicios públicos, nun contexto de reducción da recadación están condenados a diminuír a súa calidade.

Reducción de 400 millóns na sanidade e na educación de Galicia

Denunciou a reducción de 400 millóns de euros no sistema sanitario publico e no sistema educativo galego, e o retraso no pago de facturas, e puntualizou que no caso de Sergas recoñecen que o tempo medio de pago de facturas pasou de 58 días a 121 días, e a 180 días segundo os propios subministradores. Sobre a progresiva privatización e recortes nos hospitais en Vigo e Pontevedra, asegura que se segue esta mesma folla de ruta para a dotación de alta tecnoloxía sanitaria e para unha privatización encuberta dos servicios loxísticos do Sergas. E resumiu “de todo esto esquecese de falar Feijoo”.

Afirma que as formulas que quere aplicar Feijoo son economicamente inconsistentes. “Non se pode dicir simultaneamente que se rebaixan impostos, facer gala dun superávit innecesario e simultaneamente defender uns servicios públicos universais e gratuítos”, sentenciou.

Tranquilizar aos cidadáns

Losada anunciou que o Grupo Parlamentario Socialista rexistrou diversas iniciativas parlamentarias nas que reclama explicacións pola situación económica e financeira do Sergas. Reclama a comparecencia urxente da Consellería de Sanidade en sede parlamentaria, e tamén solicita, mediante o Artigo 9, tódalas auditorías do Sergas tanto internas como externas que se teñan realizado, xunto cunha Proposición Non de Lei, na que pide que ao Goberno que realice este tipo de auditorías. O portavoz quere coñecer que alternativas ten Feijoo para garantizar un servicio sanitario publico e gratuíto, e subliñou “é moi importante tranquilizar aos cidadáns” sobre este asunto, e nese senso criticou a estratexia enganosa do PP.

Nese senso critica que ata o de agora as únicas promesas de Feijoo sexan o “apuntamento do copago e un proceso de construcción con financiacion publico-privado de hospitais e centros de saúde, que supoñen mais dificultades de xestión e un encarecemento da mesma”.

Por ultimo pediulle a Feijoo que deixe de facer apostolado e garanta en Galicia un servicios sanitarios no que se manteñan as prestación publicas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar