Losada: "Feijóo está desesperado por lavar a súa imaxe mentres abandona os problemas dos galegos e galegas"

Losada: "Feijóo está desesperado por lavar a súa imaxe mentres abandona os problemas dos galegos e galegas"

Losada: "Feijóo está desesperado por lavar a súa imaxe mentres abandona os problemas dos galegos e galegas"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou que o presidente da Xunta estea “intentando desesperadamente de lavar a súa imaxe” da súa relación co narcotraficante Marcial Dorado e a imputación xudicial de Baltar mentres deixa de lado os problemas dos galegos e das galegas. Criticou que Feijóo estea “desesperado por lavar a súa imaxe” mentres converte a Galicia nun “deserto industrial”.

Losada lamenta que o presidente da Xunta estea mais preocupado de construír a súa “enésima mentira” mentres a economía galega “cae en picado”. Sinalou que a situación ven de agravarse cos traballos dependentes de Pescanova en risco, os supostos contratos para construír floteis para a empresa Pemex sen concretar e o presidente incumprindo o seu compromiso de facer un dique flotante en Ferrol.

O responsable socialista ve á Xunta paralizada pola “defensa numantina” do seu presidente “de algo indefendible e que esixe solucións radicais”, como é a relación do seu presidente cun coñecido narcotraficante cando un era o máximo responsable do Sergas, o outro fora detido na Operación Nécora e toda Galicia saía ás rúas contra o narcotráfico.

Esta actitude como secretario xeral da Consellería de Sanidade, unido ás declaracións do daquela conselleiro e hoxe presidente do Consello de Estado e tesoureiro do PP, Romay Beccaría, asegurando descoñecer ao narcotraficante demostra que “ou ben estamos gobernados por unha pandilla de irresponsables ou ben están faltando á verdade”.

Losada cualificou a posición do PP de “pura e simplemente patética, se non fora polas súas terribles consecuencias para o goberno galego” que supón a relación “impropia, inmoral e indecente” do entón máximo responsable da sanidade galega cun narcotraficante.

O portavoz socialista reclamoulle ao presidente da Xunta a documentación sobre os contratos coas empresas de Dorado a partir de 1990 para comprobar “si houbo trato de favor” e puntualizou que “si existen relacións ilícitas o presidente da Xunta debe dar conta diante da xustiza”.

Reclamou tamén que Feijóo explique “quén amedrenta ao presidente da Xunta e por qué dende fai anos”, como el mesmo declarou na comparecencia do pasado Pleno. Dixo que “os galegos merecen unha explicación” tamén sobre “quén deu orde á policía para presionar ao xuíz Taín e que fixera declaracións a favor de Feijóo”, especialmente cando a competencia sobre a policía autonómica correspóndelle do conselleiro Rueda.

Viaxe a México

Abel Losada criticou que o presidente da Xunta estea a realizar unha “viaxe improvisada” a México para “desviar a atención sobre o affaire Marcial Dorado” mentres “xoga coa esperanza de milleiros de desempregados do naval” en Galicia. Dixo que Feijóo “quere remachar o proceso kafkiano duns contratos figurados para construír os floteles coa mexicana Pemex”.

O responsable socialista lembrou que a Xunta tiña comprometido comezar co encargo a finais de 2012 e tres meses despois “ninguén está cortando chapa nos estaleiros galegos”, que viron tamén cómo faltaba á súa promesa de construír o dique flotante para salvar os estaleiros de Ferrol. Os socialistas solicitaron a comparecencia do conselleiro de Economía para dar conta dos supostos contratos con Pemex.

Losada tamén salientou hoxe a preocupación dos socialistas galegos pola “posible perda de postos de traballo pola situación de Pescanova” e anunciou a solicitude de comparecencia dos conselleiros de Economía, Mar e Traballo para esixirlles un “sinal político de preocupación”.

Dixo que este proceso supón “a puntilla” para a dramática desindustrialización de Galicia, que grazas á xestión de Feijóo á fronte da Xunta ten acadado niveis de perda de emprego “peores que na crise dos anos 80”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar