Losada: “Feijoo é o único culpable da desaparición do sistema financeiro galego”

Losada: “Feijoo é o único culpable da desaparición do sistema financeiro galego”

Losada: “Feijoo é o único culpable da desaparición do sistema financeiro galego”

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada cualificou hoxe a modificación do Real Decreto-Lei polo que se crea o Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria como “o epilogo da crónica dunha morte anunciada”.

Subliña que a reforma aprobada hoxe polo Consello de Ministros “acorta os prazos de recapitalizacion, e favorece un proceso de concentración bancaria”. Por iso lamenta “que este proceso xa o anunciara o PP antes da eleccións”, e significa “na practica, a desaparición do tecido financeiro galego”, espetou.

Losada dixo que Núñez Feijoo antepuxo desde o principio deste proceso os intereses do PP e do Goberno de Galicia, e incluso os da súa propia proxección persoal, aos intereses do conxunto dos galegos e das galegas.

O portavoz parlamentario acusou ao Presidente da Xunta de “forzar” con tódolos instrumentos dos que dispoña “unha fusión, apoiado en informes custosos e descoñecidos”. Neste punto lembra que a día de hoxe o PSdeG-SPOE segue esperando polo informe da axencia KPMG, solicitado na Cámara Autonómica, cuia elaboración custou que custou 1 millón de euros, e que avalaba esta fusión.

Mais polo miúdo explica que as consecuencias negativas, para Galicia, desta reestructuración bancaria en tres ámbitos. Por un lado lamenta a “falla de conexión entre o sistema financeiro e a realidade económica de Galicia”. En segundo lugar remarca a “exclusión financeira dos habitantes de boa parte do interior dan osa Comunidade”, e por ultimo “a practica desaparición da obra social das caixas”.

Explicacións aos galegos

Por ultimo emprazou a Feijoo a darlle “explicacións aos galegos e as galegas” pola practica desaparición do sistema financeiro. E insistiu nas súas críticas “non pode soster que o único culpable era o Goberno de Zapatero, e agora Jose Maria Castellano senón consigue as previsións económicas para a recapitalización”.

Losada concluíu “o verdadeiro culpable é Feijoo, xa que fixo unha aposta suicida en torno os sistema financeiro que lamentablemente remata mal”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar