Losada espera que as responsabilidades políticas afloren na comisión das caixas

Losada espera que as responsabilidades políticas afloren na comisión das caixas

Losada espera que as responsabilidades políticas afloren na comisión das caixas

Tras a constitución da Comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa actual situación, o portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada, manifestou que o seu grupo espera desta comisión parlamentaria “o que ata o de agora non houbo, que son explicacións do Goberno galego e que “as responsabilidades políticas afloren”.

Losada reclama estas explicacións porque “Galicia viu como se dinamitaba o seu sistema financeiro e, neste momento, temos unha serie de problemas agravados por esta situación, nun contexto de crise”. Considera intolerable que os directivos destas entidades se levaran indemnizacións millonarias, logo de afundir as caixas nun proceso que consumiu 9.000 millóns en axudas públicas.

Citou o portavoz socialista a carencia de crédito para familias e empresas, a exclusión financeira de determinados concellos ou a desaparición da Obra Social, nun momento no que a crise fai incrementar as persoas e as familias con dificultades.

Salientou Losada a estafa das preferentes, que afecta ao aforro de familias con rendas medias e baixa e a preocupación dos socialistas pola propia perda de traballo nas antiguas Caixanova e Caixa Galicia, ou o peche de oficinas.

Condena a posición do presidente da Xunta fronte a situación descrita polo portavoz socialista. Feijóo “apareceu como autor intelectual e como avalista explícito deste proceso de fusión que ía garantir un sistema financeiro para Galicia solvente, lamentablemente non temos nada diso”. Por non ter, continúa a crítica do deputado socialista, “non temos a auditoría de KPMG, que non lle foi proporcionada a este Parlamento a pesar de pedila reiteradamente nestes tres anos” e que, como recorda Losada custou un millón de euros.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar