Losada esíxeselle a Feijóo que explique “por qué non paga facturas dende setembro” para agochar o déficit

Losada esíxeselle a Feijóo que explique “por qué non paga facturas dende setembro” para agochar o déficit

Losada esíxeselle a Feijóo que explique “por qué non paga facturas dende setembro” para agochar o déficit

O candidato socialista por Pontevedra, Abel Losada, esixiulle a Feijóo que explique “por qué non pagan facturas dende setembro” en lugar de “presumir de que paga facturas, cando é a súa obriga”. Lembrou que a estratexia de pechar o exercicio contable antes de tempo supón “agochar o déficit”, como vén de constatar o Consello de Contas.

Lembrou que o candidato do PP ten presentado hoxe, dende a sala do Consello da Xunta, as facturas de menos de 150.000 euros, polo que lle preguntou qué sucede coas facturas de maior contía.

O responsable socialista lembrou hoxe que o goberno galego ten trasladado 411 millóns de euros dende 2010 a 2011, tal e como evidenciou o ex conselleiro de Economía con Fraga, Xosé Antonio Orza, que asina o dito informe do Consello de Contas sobre o exercicio 2010. A estas cifras súmanse outros 80 millóns desprazados dende 2009 a 2010, e aínda non foi fiscalizado o déficit desprazado nos anos seguintes nos que se pechou o exercicio orzamentario en setembro.

Durante a súa comparecencia cos medios, o candidato socialista apuntou que no remate da campaña, a Xunta de Galicia continúa instalada na publicidade e na propaganda, “dando como nova que se pagan as facturas, algo absolutamente normal e imprescindible na Administración”. Apuntou que este mesmo ano “danse casos como no Hospital de Lugo, onde non se admiten facturas dende o primeiro trimestre”.

Dixo que “o que ten que contarnos aos galegos e galegas -engadiu- é cantas facturas ten no caixón, ou o que aínda é máis grave, cantas non aceptou aínda para que nin sequera entren no caixón”. Explicou que Feijóo sempre fala dos prazos entre o momento no que se contabilizan as facturas ata que se pagan, obviando que ano tras ano vai aumentando o prazo de contabilización, tal e como demostran novas recollidas en distintos medios de comunicación.

Neste mesmo escenario de “publicidade e propaganda”, dixo o socialista, Feijóo vén de anunciar a creación da axencia tributaria de Galicia por terceira vez nesta lexislatura. Dixo que é “unha eterna viaxe a ningunha parte que despois de tres anos e medio, non supuxo ningún avance significativo na loita contra o fraude fiscal e só significa un cambio nominal dunha dirección xeral a unha axencia”.

Lamentables recortes

O cabeza de lista pola provincia de Ponteveda, Abel Losada, dixo que ao fracaso da política industrial da Xunta na área de Vigo, hai que sumar os “lamentables” recortes que está a realizar nos servizos sociais esenciais nun momento de crise como a actual que “é cando máis falta lles fan aos cidadáns”, cun incremento “importantísimo” de paro e moitas persoas en risco de pobreza.

Na súa opinión, a Administración autonómica “é absolutamente insensible aos problemas da xente” e “non cesa no proceso de recortes e privatizacións, como no caso do hospital de Vigo, que será moito máis custoso e nestes momentos está parado por problemas de finanzamento”.

Losada fixo estas declaracións antes de entrar nun acto con colectivos sociais que se organizou no hotel Carrís e no que estivo acompañado pola deputada e concelleira Carmela Silva, polo presidente dos socialistas de Vigo, Abel Caballero e a vicesecretaria xeral do PSOE, Elena Valenciano.

Durante a súa intervención, explicou que, ademais do hospital privado e da non construción do centro de saúde de Bouzas, o goberno de Feijóo supuxo unha merma “importante” na calidade da atención primaria e nas listas de espera ao non cubrir as baixas dos médicos.

Acusou a Feijóo de esquecer durante tres anos e medio que as administracións públicas están para solucionar os problemas dos cidadáns, “a Xunta fai todo contrario porque está volcada na dinámica de recortar e minusvalorar os servizos públicos e os traballadores públicos”.

O obxectivo do PP, dixo, é abrir “progresivamente a porta as privatizacións deses servizos, que non son os culpables da crise”. Asegura que o PP minte cando di que a sanidade e a educación non son sostibles e apunta, que curiosamente, se o son cando pasan a mans de empresas privadas que están “como buitres esperando negocio coa colaboración necesaria do Partido Popular”.

Caballero

Na apertura do acto, o presidente dos socialistas de Vigo, Abel Caballero agradeceu a todos os colectivos presentes no hotel Carrís a súa presencia “porque son os que defenden os dereitos dos cidadáns aos que representan”, en alusión aos sindicatos, ONGs, representantes dos comerciantes e asociacións de veciños que participaron no acto. Na súa opinión, esta xente “é a que vai decidir como quere que se escriba o seu futuro e defenden que Vigo xogue o papel que se merece no resto de Galicia”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar