Losada esixe a Feijóo e Rueda que apliquen “a mesma dilixencia coa Operación Orquestra que na investigación contra Unións Agrarias”

Losada esixe a Feijóo e Rueda que apliquen “a mesma dilixencia coa Operación Orquestra que na investigación contra Unións Agrarias”

Losada esixe a Feijóo e Rueda que apliquen “a mesma dilixencia coa Operación Orquestra que na investigación contra Unións Agrarias”


O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu hoxe a Feijóo e ao conselleiro Rueda “a mesma dilixencia coa Operación Orquestra que na investigación de subvencións a Unións Agrarias”. Así o dixo nunha pregunta oral na Comisión Institucional na que denunciou a “utilización espúrea polo PP dos mecanismos da Xunta como arma política”.

O responsable socialista dixo que o caso da Operación Orquestra é o “exemplo paradigmático de uso partidista e discrecional da Xunta a favor do PP”. Criticou o contraste entre a “dilixencia” da Xunta polas subvencións a Unións Agrarias e o “silencio clamoroso do conselleiro Rueda” neste caso no que están imputados alcaldes do PP e construtores por fraude, tráfico de influenzas, cohecho e prevaricación”.

Losada lamentou que o presidente da Xunta “tampouco dixo unha soa palabra coherente” en relación co caso mais alá de que “esperaba unha sentenza consecuente –non se sabe con quén-” e o 25 de abril, hai mais de dous meses, estaba “lendo o sumario”. Ironizou con que “xa vai tempo para ir rematando coa lectura” e advertiu que estas “perturbacións aleatorias poñen en cuestión o seu código ético e de rexeneración democrática”.

Dixo que “esperabamos que activara de forma inmediata a Dirección Xeral de Avaliación” por un caso no que aparecen ligados altos cargos, conselleiros e “toda unha representación cualificada do Goberno do PP”. Explicou que a Operación “mistura tamén co financiamento de campañas electorais deste partido” en Mazaricos e Fisterra.

Lembrou cómo no momento en que o voceiro do PP dera unha rolda de prensa denunciando a Unións Agrarias, a dirección xeral de Avaliación da Xunta iniciou unha investigación pola que agora un director xeral de Presidencia está actualmente imputado. Losada dixo que no caso da Operación Orquestra, na que hai imputados dous alcaldes do PP “non sabemos si iniciou a investigación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar