Losada esixe o cese de Guerra "pola parálise e sospeitas nas que colocou á súa administración"

Losada esixe o cese de Guerra "pola parálise e sospeitas nas que colocou á súa administración"

Losada esixe o cese de Guerra "pola parálise e sospeitas nas que colocou á súa administración"

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, ven de esixir o cese do Conselleiro de Industria, Javier Guerra, “pola parálise e as sospeitas na que ten colocada a súa Administración”.

A opinión do portavoz socialista foi requirida polos medios á raíz do anuncio do cese do subdirector do Igape, Carlos Silva, detido na denominada Operación Campeón, pola súa presunta implicación nun delito de fraude en subvención. Sen embargo Losada considera que o titular de Industria “debe marcharse porque a súa incapacidade á hora de fomentar a reactivación da economía galega, á hora de reactivar a produción industrial e á hora de favorecer a creación de emprego”, cualificando a xestión de Guerra de “nefasta”.

O parlamentario socialista lembrou que o PSdeG-PSOE ven denunciando irregularidades no Igape desde hai máis dun ano. Desde que a Operación Campeón asomou, dixo, “o Conselleiro xa lles mentiu unha vez ós galegos, negando que o sr. Silva fora un alto cargo, a pesares de que o acababa de nomear responsable para as provincias de A Coruña e Lugo”.

O Grupo Socialista anunciou que levará á Xunta de Portavoces do vindeiro mércores, día 7, a solicitude de comparecencia do Presidente da Xunta, para esixir explicacións a Núñez Feijóo sobre a “grave, intolerable e escandalosa” situación do Igape.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar