Losada esixe a Feijóo que manteña co Goberno de Rajoy a mesma presión reivindicativa que empregou contra Zapatero

Losada esixe a Feijóo que manteña co Goberno de Rajoy a mesma presión reivindicativa que empregou contra Zapatero

Losada esixe a Feijóo que manteña co Goberno de Rajoy a mesma presión reivindicativa que empregou contra Zapatero

O portavoz do Grupo Socialista no Pazo do Hórreo, Abel Losada, esixiu ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “abandone o escapismo” político e faga valer o autogoberno, a capacidade de presión e a capacidade de influír nas tomas de decisións do Goberno amigo de Rajoy.

Losada reprochou a Feijóo que, “lamentablemente, levamos escoitando estes últimos tres anos, como as críticas ao Goberno de España foron a coartada principal, para enganar aos galegos, sacando o foco principal da absoluta incompetencia no ámbito autonómico”, situando as responsabilidades no Goberno de Rodríguez Zapatero.

O portavoz socialista debullou os temas nos que debe centrarse esa presión reivindicativa que esixe a Feijóo que exerza sobre o Goberno de Mariano Rajoy.

En primeiro lugar, as infraestruturas. Losada reclama da ministra, Ana Pastor, que confirme e que garanta a alta velocidade a Galicia. Os socialistas esixen que exerza o autogoberno e a capacidade de presión de Galicia para que se cumpra o Pacto do Obradoiro para o AVE Non pode ser que Galicia “sufra a maior parte dese futuro recorte do goberno de Rajoy” e, como o que é aínda peor para Galicia é que estos feitos se produzan ante o “silencio vergonzante” do Goberno de Feijóo. Se ata hai uns días se “medía milimetricamente” cada aparente atraso nas licitacións do AVE, e todo o que tiña que ver coa alta velocidade, Feijóo foi quen de quedar calado cando o PP pedía que se adiaran licitacións e, por tanto se retrasaran as ¡licitacións.

Estamos no horizonte do 2018 ou mais, e o portavoz socialista cree que o Acordo do Obradoiro ten que “reforzarse e esixir o compromiso do novo Goberno de España de que Galicia non vai ser a principal perxudicada dentro deses recortes que vai facer o Goberno de Rajoy”.

Losada falou tamén Financiamento autonómico. O presidente galego reclamou do Estado un aprazamento na devolución das entregas percibidas a conta polo que se pensaba recadar e que formaba parte da participación nos ingresos do Estado. O PP falaba dunha ampliación de 5 a 10 anos mentres estivo na oposición, pero esqueceuse ao chegar ao Goberno de Madrid. Para o voceiro socialista, Feijóo ten que “continuar demandando coa mesma intensidade que antes a ampliación do prazo”, pois introduciría elementos de facilidade á hora de axustar os gastos a uns ingresos que están diminuíndo.

O Goberno central fala tamén dunha maior concentración financeira. A Xunta presentou un recurso de “bastante longo percorrido” sobre a valoración do FROB das caixas galegas, pero tamén cun truco, segundo Abel Losada, consistente na defensa da Obra Social. Pero en realidade esta estaría mellor protexida ao amparo dunha nova lei de Fundacións, pendente aínda e que é competencia da Xunta. O contencioso administrativo é “un auténtico fracaso en termos administrativos de superviviencia do sistema financeiro galego” que Losada inclúe no capítulo de propaganda da Xunta.

En relación ao Naval, o parlamentario do PSdeG-PSOE, espera que a reivindicación sobre os Tax Lease continúe. Lamenta que moitas promesas de Feijóo se dilúan, co voto en contra do PP nos Orzamentos para a construción do dique flotante de Ferrol. No relativo ao sector eólico salienta o portavoz socialista, “Feijóo tentou culpar á lexislación nacional o parón eólico, froito dun concurso tardío, sectario, e co único obxectivo de destruír a política enerxética do anterior goberno.

Igape

Respecto ás irregularidades que se investigan en torno ao IGAPE; Abel Losada recorda que os socialistas levan pedindo a comparecencia do Goberno, pero o Goberno négase a contestar. Reprochou a actitude de Feijóo na súa comparecencia no último Consello da Xunta. “O presidente non pode eludir dar explicacións sobre este rosario de corruptelas, ceses e inseguridade xurídica para os empresarios dicindo que lle gustaría que lle fixeran a pregunta ao conselleiro de Industria”. Losada respondeu ao titular do Executivo galego que os socialistas “levamos insistindo en solicitar a comparecencia do presidente e do conselleiro no Parlamento desde que xurdiron as informacións sobre as primeiras irregularidades no Igape”

O presidente e o conselleiro “están desaparecidos” afirma Losada, cando deberan transmitir confianza nas institucións e que os axentes económicos saiban que van ter o mesmo trato ante a consellería de Industria. Logo de tres anos de goberno, “o que temos é arbitrariedade, amiguismo e discrecionalidade. Un instrumento de financiamento pulverizado por uns altos cargos incompetentes e presuntamente corruptos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar