Losada esixe a Feijóo que explique a “correlación” entre a reunión con Dorribo e as axudas millonarias da Xunta a Nupel

Losada esixe a Feijóo que explique a “correlación” entre a reunión con Dorribo e as axudas millonarias da Xunta a Nupel

Losada esixe a Feijóo que explique a “correlación” entre a reunión con Dorribo e as axudas millonarias da Xunta a Nupel

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu hoxe ao presidente da Xunta que explique a “sorprendente correlación temporal” entre a súa xuntanza co empresario Dorribo e as axudas millonarias concedidas pola Xunta á súa empresa, Laboratorios Nupel, implicada na Operación Campeón por axudas irregulares.

Losada acusou ao presidente da Xunta de “escapar escandalosamente” da pregunta de Pachi Vázquez na sesión de control do Parlamento nun “novo exercizo de escapismo habitual” en Feijóo que “implícao directamente nun asunto de grave repercusión política para Galicia”. Lembrou que “hoxe están imputados altos cargos do Igape –con relación ás axudas irregulares a Nupel- dependentes de Industria e polo tanto de Feijóo”.

O responsable socialista esixiu a Feijóo que faga público “en qué momento e para qué se reuniu co señor Dorribo”, tal e como revelou hoxe o líder dos socialistas galegos, nun encontro que se celebrou en San Caetano no mes de  novembro de 2010 e no que “parece ser que intermediou o señor Pablo Cobián”.

Dixo que o presidente da Xunta “debe explicar unha coincidencia que non é tal, como é o feito de que 3 meses despois a empresa Nupel recibira cuantiosas axudas públicas do Igape”.

Acusouno de “faltar á verdade” xa que “non vale dicir que estas axudas non se pagaron ou poñer calquera tipo de desculpas” xa que o DOG publicou o 27 de xuño de 2011 unha subvención a fondo perdido de 992.942,55 € concedida o 2 de marzo dese mesmo ano. Esta axuda súmase a un crédito do Banco Europeo de Inversión de 2.956.919 € que actúa como axente financeiro dos fondos autorizados polo Igape o 30 de decembro de 2010.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar