Losada esixe a Feijóo que deixe de ser "o escudeiro de Rajoy e cumpra coa súa obriga de defender os intereses dos galegos"

Losada esixe a Feijóo que deixe de ser "o escudeiro de Rajoy e cumpra coa súa obriga de defender os intereses dos galegos"

Losada esixe a Feijóo que deixe de ser "o escudeiro de Rajoy e cumpra coa súa obriga de defender os intereses dos galegos"

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu a Feióo que “deixe de ser o escudeiro de Rajoy” e cumpra coas súas obrigas como presidente de Galicia, defendendo os intereses dos galegos e galegas.

Así o afirmou o portavoz socialista tras solicitar a convocatoria urxente da Deputación Permanente na que os socialistas pedirán a comparecencia en pleno de Feijóo, a fin de que dea conta das xestións realizadas para solucionar a devolución das participacións preferentes e a variación das tarifas eléctricas para Alcoa.

Losada sinalou que Feijóo “segue moi ocupado coas súas estratexias de política e propaganda, mentres deixa de lado os problemas que de verdade afectan aos galegos e galegas”. Por elo, considerou necesaria a comparecencia do presidente da Xunta “para que lle explique aos cidadáns afectados polas participacións preferentes que xestións está a realizar para solucionar esta situación, que afecta a 43.000 familias”.

“Os miles de galegos e galegas atrapados no corralito das preferentes teñen dereito a saber o papel da Xunta e do seu presidente durante este proceso, coñecer qué xestións se están a realizar dende a Xunta e o Goberno central para resolver a situación e conseguir a devolución dos seus cartos”, apuntou.

Unha explicación que, dixo, “se fai aínda máis necesaria despois de que na entrevista realizada nun xornal galego Feijóo recoñecese que tiña coñecemento do que acontecía coas participacións preferentes, é dicir, que enganou aos galegos e galegas tanto no proceso de fusión das caixas como no caso das preferentes”.

ALCOA

Os socialistas galegos demandan ademais que o presidente da Xunta explique no Parlamento as xestións realizadas e resultados acadados para dar cumprimento ao acordo plenario do pasado mes de abril, e posibilitar a rebaixa das tarifas eléctricas para a empresa Alcoa.

Losada lembrou que o desenvolvemento futuro de Alcoa é “fundamental para Galicia, e singularmente para a provincia de Lugo”, e destacou que dende o acordo plenario aprobado por unanimidade “non temos constancia das xestións realizadas polo presidente da Xunta nin da adopción de ningún acordo encamiñado á minoración das
tarifas vixentes”.

O portavoz socialista sinalou que “non só non temos coñecemento de ningunha xestión do Goberno galego neste sentido, senón que se anuncian novas medidas fiscais que virían a complicar este obxectivo”.

“Mentres todo isto acontece, Feijóo nin está nin se lle espera”, sentenciou Losada, quen criticou que “os cidadáns seguen a agardar que o presidente da Xunta traballe na procura de solucións aos seus problemas, mentres Feijóo segue máis preocupado polos intereses do seu partido”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar