Losada esixe a Feijóo que "deixe as fábulas" e explique no Parlamento o debilitamento económico e laboral de Galicia

Losada esixe a Feijóo que "deixe as fábulas" e explique no Parlamento o debilitamento económico e laboral de Galicia

Losada esixe a Feijóo que "deixe as fábulas" e explique no Parlamento o debilitamento económico e laboral de Galicia

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada denunciou a estratexia do PP por demorar mais de 15 días a reunión da Deputación Permanente, tal e como solicitara o PSdeG na Cámara Autonómica. Lembrou ademais que na pasada lexislatura o prazo para convocar esta reunión non superou os 10 días. E envioulle unha mensaxe a Feijoo “deixe as fabulas e compareza no Parlamento”.

Losada pediulle ao Presidente da Xunta “que de a cara no Parlamento, xa que o lugar onde debe facelo”, e criticou ademais que o contexto social e laboral da nosa Comunidade “empeora por momentos”.

Dixo que as cifras sinalan que as persoas con risco de exclusión e de pobreza “seguen aumentando en Galicia”, algo que “quebra a situación a cohesión social dun territorio e mentres o Goberno de Feijoo segue sen aportar ningunha solución”, explicou.

O portavoz parlamentario afirmou que Galicia “vive un período desindustrializador”, que afecta a tódolos sectores. Aludiu aos datos do Índice de Producción Industrial “que diminúe mais que na medida de España, ou a perdida de ocupados neste sector, xa que aumenta significativamente”. Por iso emprazou a Núñez Feijoo “a dar solucións”.

Así as cousas asegurou que a actividade productiva e industrial é o músculo de calquera economía moderna e competitiva. Pero replica que fronte a este modelo na nosa Comunidade “temos un panorama desolador”. Sinala que o modelo de Feijoo aplica “un proceso de recortes moi forte, que vai acompañado dun proceso de endebedamento da Comunidade, que na actualidade supón 3 mil millóns mais de débeda, e chega xa a un 12.4 % do PIB”. Por iso Losada quere coñecer “para que este endebedamento?”.

Tamén aludiu ás constantes reivindicacións dos distintos sectores da sociedade galega como as protestas no ensino o a sanidade “pola reducción do orzamento”, ou das políticas sociais “como incremento das taxas nas escolas infantís de 0 a 3 anos”. Losada cualificou como “curioso” o sistema do PP para favorecer a revitalización demográfica de Galicia.

Galicia mais perto da India en I+D

O portavoz criticou o modelo productivo posto en marcha polo Goberno de Feijoo, e advertiu da rebaixa en I+D en relación co PIB, que sitúan a Galicia no 0.94% do PIB. En resumen “Galicia achegase mais á India que a países como Finlandia”. Sinala que as formulas do PP para saír da crise “son reducir o salario mínimo interprofesional e reducir os gastos en innovación”.

Asegurou que Feijóo está anclado “na ortodoxia máis radical”, en relación aos últimos tres presupostos. E insistiu nas súas críticas “por eso pode presentarse como o líder da ortodoxia do déficit cero do PP en España, algo que os galegos sufrimos directamente”.

Losada aludiu ao decreto do Goberno que contempla a subida impositiva das rendas do traballo, que asegura “non ten ningún efecto recaudatorio sobre as autonomías”, aínda que si lles afecta porque haberá menos actividade económica, onde si recadarán menos, o que pode derivar nun deterioro dos servizos públicos esenciais que acabe no sua privatización.

Subliñou que en Galicia “somos dobremente castigados, xa que por un lado sufrimos os recortes do presidente Feijóo para aparecer como campión da ortodoxia fiscal, e por outros do Goberno de Rajoy para solucionar os problemas das comunidades como Murcia e Valencia”, espetou.

O portavoz preguntou “de onde vai seguir metendo recortes o Goberno de Feijoo porque xa non valen xogos de prestidixitador”, proclamou.

Clases de economía para Feijoo

Por último, fixo referencia as afirmacións do presidente da Xunta, quen atribuíu o elevado crecemento do paro a que o anterior Goberno bipartito “gastou 2.500 millóns de euros sen orzamento, e que a actual Xunta está pagando". Losada dixo que esto “é falso”, xa que se gastou o presupostado aínda que houbo unha recadación inferior pola crise, por iso aconselloulle “que tome clases de economía”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar